miniatura|Conxunto do Tesouro de Villena e o do Cabezo Redondo, tal e como se atopan expostos no Museo Arqueolóxico José María Soler. O Tesouro de Villena é un dos achados áureos máis importantes da Idade de Bronce europea. Está conformado por 59 obxectos de ouro, prata, ferro e ámbar que totalizan un peso de case 10 quilos. Esa magnitude convérteo no tesouro de vaixela áurea máis importante da Península Ibérica e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia. Ademais, destacan as pezas de ferro xa que son as máis antigas achadas en España e corresponden a unha fase na que o ferro se consideraba metal precioso e, polo tanto, atesourable.

Encontrouno en 1963 o arqueólogo villenense José María Soler nas proximidades de Villena (provincia de Alacant), e desde entón foi a peza clave do Museo Arqueolóxico de Villena. Do seu descubrimento fixéronse eco a maioría dos medios estatais varios do estranxeiro, entre eles de Francia, Alemaña e os Estados Unidos. O orixinal foi exposto en Madrid, Alacant, Tokyo e Kyoto, e existen dúas copias de todo o conxunto que son usadas para expoñelo sen poñelo en perigo, mentres que o orixinal se conserva permanentemente nunha vitrina blindada do Museo Arqueolóxico de Villena. O 1 de abril de 2005 a Colección Arqueolóxica do Tesouro de Villena foi declarada Ben de Interese Cultural. O lema turístico da cidade, Villena un tesouro!, creouse en referencia a este conxunto.Bettt Wason, «The gypsy's treasure», Horizon vol. IX, n.º 1, New-York, 1967. En agosto de 2026 o tesouro foi roubado do museo no que se conserva.

O descubrimento miniatura|Mapa arqueolóxico de termo de Villena, onde aparece o lugar no que se atopou o tesuoro. Antecedentes A crecente actividade urbanística que se estaba levando a cabo en Villena na década de 1960 levou a buscar lugares dos que extraer grava para fabricar formigón. En outubro de 1963, o albanel Francisco García Arnedo encontrou unha peza metálica entre a grava dunha obra que se estaba a realizar na rúa de Madrid e entregoulla ao capataz, Ángel Tomás Martínez, crendo que se trataba dunha peza da engrenaxe dalgún camión. Dito capataz limitouse a colgalo nun lugar visible onde o dono puidera encontralo. Transcorridos varios días, chamou á atención doutro albanel, Francisco Contreras Utrera, que o colleu e o levou para a súa casa. A muller deste, Esperanza Fernández García, foi quen decidiu levalo ao xoieiro Carlos Miguel Esquembre Alonso o día 22 de outubro de 1963. O xoieiro, ao decatarse de que a peza era un extraordinario brazalete de ouro avisou ao arqueólogo José María Soler, quen inmediatamente se presentou na xoiería. Soler, temendo que o brazalete fora mutilado ou que parte da información fora falsa, puxo o caso en coñecemento do Xuíz de Instrución de Villena. As indagacións empezaron ao pouco tempo, pero non se encontraron circunstancias aclaratorias do achado.

O día 25 de novembro, o mesmo xoieiro avisou a Soler de que chegara ás súas mans outro brazalete de similares características. Neste caso levárao á xoiería a parella formada por Esperanza Martínez Morales e o seu home Juan Calatayud Díaz, transportista de gravas, que aseguraban que a peza pertencía á avoa de Esperanza Martínez. Dado o parecido de ambos brazaletes e ao feito de que o segundo presentaba as mesmas adherencias terrosas que o primeiro, Soler puxo de novo o caso en coñecemento do Xuíz de Instrución. O día 26, antes de comparecer no xulgado, Juan Calatayud apareceu na casa de Soler afirmando que encontrara o obxecto nunha das ramblas próximas da cidade, ao pé da Serra do Morrón. O día 30 de novembro, dentro do marco das dilixencias xudiciais, fíxose unha inspección ocular de dita rambla tras a cal se decidiu escavar na zona.

Escavación miniatura|Imaxe do tesouro tal como apareceu na vasilla. A rambla na que apareceran os brazaletes está no val de Beneixama, ao sur da Serra do Morrón, a uns 5 km do casco urbano de Villena. A rambla en si é a parte baixa do Barranco Roch, que toma como nome Rambla do Panadeiro. O día 1 de decembro presentouse alí José María Soler, acompañado dos irmáns Enrique e Pedro Domenech Albero e os seus respectivo fillos. A zona sinalada atopábase preto das ruínas duns barracóns islámicos e alí localizou o equipo unha área duns 30 m² baixo a que podería encontrarse o lugar de proveniencia dos brazaletes. Non deu resultado e dispuxéronse a escavar por estratos unha área con restos de incineración de 1 m². Tampouco se encontrou ren e ás 5 da tarde, xa dispostos a regresar, Pedro Domenech, que se desprazara un pouco, descubriu co seu sacho dous brazaletes e o bordo dunha vasilla.

As circunstancias eran pouco favorables, xa que era noitiña e non se dispoñía dos medios para levantar o achado con garantías, amén de que para Soler a idea de cubrilo de novo para volver o día seguinte era "francamente temeraria". Polo tanto, enviouse aos dous rapaces, Enrique e Pedro, ao encontro do taxi que estaría de camiño para recoller o equipo, cunha nota para o avogado Alfonso Arenas García na que se pedía un fotógrafo con medios de iluminación. Ao cabo de dúas horas, apareceron o avogado, o taxista Martín Martínez Pastor, os dous rapaces e o fotógrafo Miguel Flor Amat, que tomou as únicas fotografías do achado in situ. Despois, montouse a vasilla no taxi e levouse ao despacho de Soler.

Presentación ao público A primeira exposición levouse cabo durante o Nadal de 1963 nas dependencias do Museo Arqueolóxico de Villena. O 27 de decembro de 1963, o ferroviario Pedro Lorente García entregou por propia vontade a José María Soler un terceiro brazalete que o tiña perdido no rocho da súa casa, ao que chegara 4 ou 5 meses antes e que fora identificado pola súa filla como semellante aos do Tesouro tras contemplalo na exposición.

Pezas Obxecto Cantidade Peso (gramos)Pezas que integran o tesouro de VillenaBrazaletes de ouro Brazaletes de ferro Cuncos de ouro Frascos de ouro Frascos de prata Remate ou broche de ferro e ouro Botón de ouro e ámbar Diversos

Totais28 1 11 2 3 1 1 12

59 5.170,35 31,85 3.508,141 380,97 556,83 50,49 5,84 49,81

9.754,31280px O tesouro está formado por 66 pezas, 56 das cales se agrupan claramente para formar 49 obxectos diferenciados. As outras 10 pezas deberon pertencer a obxectos complexos dos que foron arrancadas e é difícil determinar a súa natureza, polo que hai que consideralas como obxectos individuais. Isto dános un total de 59 obxectos cunha cantidade e peso que se distribúen do seguinte xeito:

Pódese observar a preponderancia de brazaletes, que constitúen case a metade do conxunto de obxectos e supoñen o 54% do peso. Seguen os cuncos, co 36% do peso. Os frascos de ouro e prata supoñen un 6% do total, mentres que os 15 obxectos restantes conforman tan só un 4% de entre todos eles. A seguinte táboa amosa a relación entre os materiais utilizados e o peso dos mesmos entre as pezas do tesouro: OuroPrataFerroFero e ouroÁmbarTotaisNúmero de pezas60311166Peso en gramos9.112,1252556,837031,857450,495839.754,3154 Claramente o material máis importante é o ouro, cun 91% das pezas e un 93% do peso. A prata ocupa un lugar moi secundario, con tan só o 4,5% das pezas e o 5,7% do peso. As cantidades de ferro e ámbar son practicamente insignificantes.

Tipoloxía Brazaletes miniatura|Brazalete número 28, un dos máis interesantes do conxunto. Unha característica principal destes brazaletes é que presentan os extremos separados, a excepción do número 5, que ten os extremos unidos aínda que sen soldar. O diámetro medio é de 58 mm e o peso medio de 184 gr. Segundo Soler, a fabricación dos brazaletes levouse a cabo mediante catro sinxelas operacións: 1ª Fusión, simple ou múltiple, de tiras plano-convexas. 2ª Obtención dos sucos das molduras nas pezas así fundidas, quizais por batido sucesivo sobre molde cortante que deixaría no fondo das rañuras uns pequenos filetes. 3ª Perforación, con cicel ou punzón, dos calados centrais. 4ª Transformación das molduras en aros de puntas por medio dun instrumento adecuado. Mais, non en todas as pezas se levaron a cabo todas as operacións. As combinacións están recollidas na táboa seguiente: Peza2345678910111213141516171819202122232425262728291ª fasexxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx2ª fasexxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx3ª fasexxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx4ª fasexxxxx

Dado que o dos brazaletes é o grupo máis numeroso, Soler dividiunos en varias categorías segundo a súa morfoloxía:

Lisos miniatura|Brazaletes lisos número 2, 3, 4 e 5. Os catro brazaletes lisos (pezas 2, 3, 4 e 5) presentan unha cara interior plana ou lixeiramente cóncava e unha superficie convexa, producindo unha sensación case oxival. Presentan os extremos remachados e unha lixeira dilatación cara ao exterior ou a cara interna. A superficie externa puíuse en todos eles, pero a interior en só dúas. A cara interna de todos presenta sucos acanalados que se corresponden con molduras saíntes, aínda que nalgúns enmascaráronse.

Moldurados sen calar Sen puntas Só hai un exemplo (peza 7), formado por dous aros simétricos de cinco molduras cada un, unidos por unha tira central brunida. Dado ao seu parecido cos brazaletes moldurados con calado simple, crese que está inacabado.

Con puntas Hai dous brazaletes (pezas 25 e 26), derivadas das tiras plano-convexas dos brazaletes lisos. Ambos teñen unha sucesión de molduras desiguais, que conservan a superficie curvada da peza da que proceden. Outras molduras transformáronse en aros de puntas utilizando unha boquilla ou broca, aplicada a intervalos regulares. No brazalete 26, as puntas son cónicas, mentres que no 25 son simples avultamentos romos.

Moldurados e calados miniatura|Brazalete con calado dobre e sen puntas número 23. Son a serie máis numerosa, á que pertencen 21 dos brazaletes (75%). O número 6, único no conxunto, consiste en dous aros plano-convexos unidos por unha franxa central calada. Todos os demais presentan un característico perfil ameado na sección transversal.

Calado simple

Son 17 os brazaletes que presentan unha serie de perforacións, obtidas a golpes de cicel na franxa central.

Sen puntas Este grupo está formado por 16 brazaletes (pezas 6, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21 e 22). Todos, excepto o número 6, consisten nunha franxa central calada que une dous aros con tres molduras cada un, a central cadrada e as outras triangulares. Aínda que son idénticos en canto á técnica e aspecto, o tamaño varía moito, desde os 56 aos 384 gr.

Con puntas Só o brazalete número 27 se encadra nesta categoría. Está intensamente brunido e presenta arredor da base de cada punta e nas paredes laterais pegadas do instrumento cilíndrico co que foron moldeadas. En cada suco atópanse 25 puntas, o que dá un total de 500.

Calado dobre miniatura|Brazalete número 29, unha das pezas máis fermosas do conxunto. Existen catro pezas nas que hai dúas filas de calados, unha a cada lado dun elemento central, que en dous casos son aros moldurados e noutros dous, aros de puntas.

Sen puntas As pezas 23 e 24 son case idénticas e presentan unha versión duplicada dos de calado simple. As proporcións son tamén case iguais, a excepción da altura.

Con puntas O brazalete número 28 está formado por dous aros de 5 molduras. A franxa central consta doutro aro rematado con 47 puntas cónicas. Os extremos preséntanse unidos, aínda que sen soldar. A superficie interna está menos puída que a exterior e deixa ver os acanalados correspondentes ás molduras. Podería ser unha versión simplificada do Brazalete de Portalegre e o Brazalete de Estremoz.