O ávaro (магӀарул мацӀ maharul macʼ ou Авар мацI awar macʼ) é unha lingua avar–andi da familia das linguas caucásicas nororientais, é a lingua propia dos ávaros. En 2010 só en Rusia había 715.300 que declaraban o ávaro como a súa lingua materna. O ávaro está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Distribución xeográfica Fálase principalmente no oeste e sur da república rusa do Daguestán, e nas rexións de Balaken e Zaqatala do noroeste do Azerbaidján.Ethnologue entry for Avar. A lingua ávara é tamén a lingua patrimonial dalgunhas pequenas zonas de Chechenia e Xeorxia limítrofes co Daguestán, fálase tamén entre as colonias de inmigrantes noutras zonas de Rusia, Kazakhstán, Ucraína, Xordania e Turquía.

Status oficial O ávaro é unha das linguas oficiais da República do Daguestán, servindo como lingua literaria para algunhas outras pequenas comunidades da súa familia lingüística así como lingua de comunicación entre diferentes grupos étnicos.

Dialectos Os principais dialectos son, no norte: Khunzakh, Kazbek, Gunib e Gumbet; no sur: Andalal, Gidatl', Antsukh, Charoda, Tlyarata, Cumada e Cunta.

Morfoloxía O ávaro é unha lingua aglutinante, sen xéneros e cunha orde SOV.

Fonoloxía Consoantes + Fonemas consonánticos do ávaroConsonant Systems of the North-East Caucasian Languages on TITUS DIDACTICALabialDentalAlveolarPalatalVelarUvularRadicalGlotalcentrallateral lenis fortis lenis fortis lenis fortis lenis fortis lenis fortis Nasal m n Oclusiva sonora b d ɡ xorda p t k kː ʔ exectiva tʼ kʼ kːʼ Africada xorda t͡s t͡sː t͡ʃ t͡ʃː t͡ɬː q͡χː exectiva t͡sʼ t͡sːʼ t͡ʃʼ t͡ʃːʼ (t͡ɬːʼ) q͡χːʼ Fricativa xorda s sː ʃ ʃː ɬ ɬː x xː χ χː ʜ sonora v z ʒ ʁ ʢ ɦ Vibrante r Aproximante l j

Escritas históricas

miniatura|Alfabeto cirílico de Uslar para o ávaro. miniatura|250px|O ávaro empregou o alfabeto latino entre 1928 e 1938. En 1932 o alfabeto latino que viña utilizando sufriu unha reformaAs primeiras mostras da escrita ávara datan do século XIV, son inscricións illadas que empregan o alfabeto xeorxiano Simon Crisp Language Planning and the Orthography of Avarin Folia Slavica , Vol. 7, No. 1/2, 1984, Columbus, Ohio. A fins do século XVII e a principios do XVIII Dibirqadi de Khunzakh desenvolveu unha escrita para o ávaro en alfabeto árabe que se mantivo en uso ata 1928, pese ao intento de Peter von Uslar de substituílo polo alfabeto cirícilo na segunda metado do XIX que tivo como resultado a publicación dalgúns libros e a apertura dalgunhas escolas que o ensinaban pero por volta de 1902 ese alfabeto estaba totalmente esquecido. En 1928 foi o alfabeto latino o que substituíu o árabe, e nunha nova reforma en 1938 o ávaro comezou a utilizar o alfabeto cirílico, basicamente o mesmo que utiliza a lingua rusa, cunha letra engadida chamada palochka, que na práctica ao estar ausente da maioría das distribucións de teclado utilízase I, l ou 1.

Alfabeto ávaro

A lingua ávara emprega o alfabeto cirílico. Estas son as letras que utiliza (a pronuncia dase segundo transcrición IPA)Omniglot on the Avar alphabet, language and pronunciation:

А а Б б В в Г г Гъ гъ Гь гь ГI гI Д д /a/ /b/ /w/ /ɡ/ /ʁ/ /h/ /ʕ/ /d/ Е е Ё ё Ж ж З з И и Й й К к Къ къ /e/, /je/ /jo/ /ʒ/ /z/ /i/ /j/ /k/ /q͡χːʼ/ Кь кь КI кI КIкI кIкI Кк кк Л л М м Н н О о /t͡ɬ’/ /k’/ /kːʼ/ /kː/ /l/ /m/ /n/ /o/ П п Р р С с Т т ТI тI У у Ф ф Х х /p/ /r/ /s/ /t/ /t’/ /u/ /f/ /χ/ Хх хх Хъ хъ Хь хь ХI хI Ц ц Цц цц ЦI цI ЦIцI цIцI /q͡χː/ /x/ /ħ/ /t͡s/ /t͡s’/ Ч ч ЧI чI ЧIчI чIчI Ш ш Щ щ Ъ ъ Ы ы Ь ь /t͡ʃ/ /t͡ʃ’/ /ʃ/ /ʃː/ /ʔ/ /ɨ/ Э э Ю ю Я я /e/ /ju/ /ja/

e tamén se escriben ЛI лI e Лъ лъ respectivamente.

Bolmats

O bolmats (lingua común) é unha forma particular de ávaro que a partir do século XVI se converteu na lingua franca do Daguestán Aspects of Language: Studies in Honour of Mario Alinei p 125-126, a súa base é o dialecto de Khunzakh, o centro cultural dos ávaros, con algunha influencia dos dialectos do sur. Do bolmats xurdiu a forma literaria e o estándar adoptado polo ávaro na época soviética Jeffrey Cole Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia, p30

Usos O ávaro conta cunha literatura ben establecida, a figura máis coñecida da literatura ávara é Rasul Gamzatov, coñecido a través da súa tradución ao ruso nos territorios da antiga Unión Soviética. Publícase un diario, 20 publicacións locais e hai emisións de radio e televisión na lingua. O primeiro vocabulario do ávaro débese a Peter Simon Pallas que incluíu 200 palabras ávaras nunha obra dedicada ás linguas do mundo publicada en 1787G.I. Madieva, Linguas da URSS, 1967 Exemplos

Ola! ! Vorçami! Que fas? Щиб бугеб? Şçib ha bugeb Como estás? Иш кин бугеб? İş kin bugeb? Cal é o teu nome? Дуда щиб? Duda tsar sçib? Cantos anos tes? Дур чан сон бугеб? Dur çan son bugeb? De onde ves? Mун киве ина вугев? Mun kive ina vugev? Síntocho! лъугьа! Tasa luga! Onde vai o neno? Киве вас унев вугев? Kive git inav vas unev vugev O neno rompeu unha botella. Васас шиша бекана. Wasas şişa bekana.. Eles constrúen a estrada. Гьез нух бале(гьабулеб) буго. Ğez nuh bale(ğabuleb) bugo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en ávaro Ligazóns externas Avarsky.ru, materiais para a aprendizaxe do ávaro Novas e información sobre a lingua ávara e ávaro

Categoría:Linguas caucásicas nororientais Categoría:Linguas de Azerbaidján Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Xeorxia Categoría:Linguas aglutinantes