Francisco Suárez García, nado en Ferrol o 31 de marzo de 1827 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1900, foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria miniatura|page=483|Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Estudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en 1848. Emigrou ao Uruguai e a Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como El Comercio, Diario de Corrientes. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado Puntualización y ortografía. Regresou a Ferrol en 1860 e estableceu unha academia de ensino. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu El Eco Ferrolano (1864-1869). Presidente do comité do Partido Republicano Democrático Federal, foi alcalde da cidade tras o pronunciamento antimonárquico da Armada, en outubro de 1868. En 1871 fundou o periódico El Trabajo, dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo La Democracia. En xaneiro de 1882 foi elixido presidente do Comité republicano-progresita de Ferrol.La Voz de Galicia, 31-1-1881, p. . Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Obras Los guaranies o la cruz milagrosa, 1861.
Los invasores. Los demócratas. El Ángel de la libertad. Grandal, 1897.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Biografía Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Masóns de Galicia
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos