Dmitrii Borisovich Kabalevskii (en ), nado en San Petersburgo o 30 de decembro de 1904 e finado en Moscova o 14 de febreiro de 1987, foi un compositor ruso.
Contribuíu a establecer a Unión de Compositores Soviéticos en Moscova e foi secretario da Unión de Compositores da RSFS de Rusia desde 1952 ata a súa xubilación. Foi un compositor prolífico de música de cámara e para piano, moitas destas últimas interpretounas Vladimir Horowitz e tamén escribiu seis óperas.
Traxectoria
Seu pai era matemático e este animouno a estudar matemáticas, así e todo xa desde a infancia quedou fascinado polas artes, en especial pola música, aprendendo a tocar o piano. En 1916 a súa familia mudouse a Moscova, onde pasou tres anos tocando nas salas onde se proxectaban filmes mudos, comezando a compoñer aos dezaoito anos allmusic.com. En 1925 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Nikolai Myaskovsky e piano con Alexander Goldenweiser, converténdose el mesmo en profesor do conservatorio en 1932, conseguindo unha boa reputación como ensinante Enclyclopaedia Britannica.
Durante a segunda guerra mundial escribiu moitas cancións patrióticas, ingresando no Partido Comunista en 1940. Foi editor de Sovetskaya Muzyka nos seis volumes publicados durante a guerra, e mais tamén compuxo e interpretou moitas pezas para cine mudo e música para o teatro. Entre 1949 e 1952 foi o director do departamento de música do Instituto de Artes de Moscova.
A súa música para nenos é amplamente interpretada por músicos novos de todo o mundo , considerándose un dos máis grandes compositores modernos de música infantil. Tamén organizou un programa de educación musical en vinte e cinco escolas soviéticas, e el mesmo ensinou a nenos de sete anos durante un tempo, aprendéndolles a como escoitar con atencón e poñer as súas impresións en palabras. Estivo na Comisión de Educación Musical Estética en 1962 e foi presidente do Consello Científico de Educación Estética na Academia de Ciencias Pedagóxicas da URSS en 1969. Foi tamén membro do Comité Soviético de Defensa da Paz
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Schwarz, Boris. 1983. Music and Musical Life in Soviet Russia, enlarged edition 1917-1981. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-33956-1 Maes, Francis. 2002. A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar. Traducido por Arnold J. Pomerans e Erica Pomerans. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-21815-9
Ligazóns externas
A list of Kabalevsky's compositions
Categoría:Compositores de Rusia Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Finados en 1987 Categoría:Premio Lenin Categoría:Heroes do Traballo Socialista