Aaron Michael Gray, nado o 7 de decembro de 1984 no barrio de Tarzana, nos Ánxeles (California), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou oito tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,13 metros de altura, xogaba na posición de pivote. En 2015 un problema de corazón forzou a súa retirada do baloncesto profesional.
Traxectoria deportiva NBA Gray foi escollido polos Chicago Bulls na 59ª posición do Draft da NBA de 2007. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2007 contra os Philadelphia 76ers.Aaron Gray Complete 2007-08 Regular Season Game Log, ESPN.com O seu mellor partido chegou o 16 de abril de 2008 contra os Toronto Raptors, cando anotou 19 puntos e capturou 22 rebotes en 35 minutos de xogo, ademais de 2 asistencias. Ao remate da tempada 2007-08, Gray acadou 262 puntos e 168 rebotes para os Bulls.
O 25 de xaneiro de 2010, Gray foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Devin Brown. En xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Hornets.
En decembro de 2011, Gray asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.
O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gray, Rudy Gay e Quincy Acy ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en NBADraft.net
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Pivotes de baloncesto