dereita|miniatura|Mina de carbón a ceo aberto en Garzweiler, Alemaña.

O carbón é unha rocha sedimentaria de cor negra ou marrón, con gran contido de carbono. É utilizada en diversos procesos industriais, destacando a produción de enerxía, procesos siderúrxicos e a industria química. A formación de carbón procede da acumulación de materia orgánica eminentemente vexetal durante millóns de anos. En España as minas de carbón son moi abundantes en Asturias, norte de Palencia, O Bierzo, Teruel, Andalucía e Galicia.

Tipos de carbón

Tradicionalmente distínguense catro tipos de carbón, en función do seu contido mineral: turba: 60% de carbono. lignito: 70% de carbono. hulla: 80 a 85% (o máis prezado en minaría). antracita: 90% ou máis de carbono.

Minas galegas miniatura|dereita|Explotación de lignito polo método alemán (con rotopala). En Galicia explotáronse dous grandes depósitos de lignito pardo, que deron lugar á central térmica de Meirama e a central térmica das Pontes. Os depósitos foron explotados seguindo o método alemán, con mina a ceo aberto punteiras no seu momento pero xa en fase de peche e restauración.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carbono Gas natural licuado Ligazóns Historia de Lignitos de Meirama SA

Categoría:Carbón