John Robert Fowles, nado en Leigh-on-Sea, Essex, en 1926 e finado en Dorset o 5 de novembro de 2005, foi un escritor inglés.
Traxectoria Era fillo dun mercador de tabaco e dunha mestra. Estudou francés nas universidades de Edimburgo e de Oxford e logo de licenciarse en 1950 ensinou en Francia e Grecia. Neste país comezou a escribir poesía. En 1954 regresou a Inglaterra para ensinar nun instituto de Londres. A súa primeira novela, O coleccionista (The Collector, 1963), converteuse nun éxito internacional que fixo que Fowles deixase o ensino para dedicarse en exclusiva a escribir.
Asentouse en Dorset, contorno que utilizou para A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman, 1969). No mesmo ano adaptou O Mago (The Magus), baseada nas súas experiencias en Grecia, para o cinema, aínda que sen éxito. Si que o tivo a adaptación d'A muller do tenente francés, en 1981 - neste caso con guión de Harold Pinter e cun nomeamento ao Óscar. O Aristos, unha colectánea de reflexións filosóficas, é a súa obra máis coñecida non de ficción.
John Fowles recorre á ironía para interpolar alusións a teorías científicas e artísticas da época na que se ambienta a narración (Darwin, Marx, os prerrafaelitas), parodiando así determinada tradición narrativa vitoriana. É por isto que algúns críticos considéranno un precursor do posmodernismo.
Obras
(1963) O coleccionista (The Collector) (1964) O Aristos (The Aristos ) (1965) O mago (The Magus ) (1969) A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman) (1974) A torre de ébano (The Ebony Tower) (1977) Daniel Martin(1979) A Árbore (The Tree) (1982) Mantissa(1985) Un verme (A Maggot]) (1998) Furados de verme - Ensaios e escritos ocasionais (Wormholes - Essays and Occasional Writings) (2003) Os diarios (The Journals - Volume 1'')
Fowles, John Fowles, John Categoría:Nados en Essex