Alfonso Sucasas Guerra, nado en Goiás (Lalín) o 18 de marzo de 1940 e finado en Ferreirós (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 2012, foi un pintor galego.
Traxectoria Aos quince anos decidiu prepararse para o exame de acceso nunha academia oficial de belas artes. Formouse co profesor Carloandrés López del Rey do Instituto Laboral de Lalín. Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e o Brasil, onde residiu varios anos. En 1968 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.
Vida persoal Casou con María Espinosa Borrego.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Necrolóxica en El País “Sucasas”. Un pintor de fina sensibilidad, Antonio Vidal
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pintores de Galicia do século XXI