A declaración de Festa de interese turístico internacional é unha distinción de carácter honorífico que se concede en España pola Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ás festas ou acontecementos que supoñan manifestacións de valores culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas, e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

Esta categoría foi creada en 1979 para adaptar as novas competencias dos ministerios durante a Transición. Dende 1965 e ata 1979 só existía a declaración de Festa de interese turístico, e coa nova reforma as denominacións honoríficas dividíronse en tres categorías: festas de interese turístico internacional, festas de interese turístico nacional e festas de interese turístico. En 1980 declaráronse as primeiras festas de interese turístico internacional, e progresivamente foron incorporándose novas celebracións.

Requisitos Entre os requisitos esixidos polo ministerio para a concesión desta distinción atópanse os seguintes:

Antigüidade da celebración e continuidade no tempo; debe celebrarse polo menos cada cinco anos. Arraigamento popular e participación cidadá; valórase especialmente a existencia de asociacións que a apoien. Orixinalidade e diversidade, e relevancia para a promoción turística de España no exterior. Repercusión en medios de comunicación internacionais, con polo menos dez aparicións nun ou varios medios estranxeiros. Posuír a declaración de interese turístico nacional dende hai polo menos cinco anos. Que no seu desenvolvemento non se maltraten persoas nin animais e que se coide a contorna urbana, monumental e paisaxística. Existencia na localidade ou a menos de 50 km de aloxamentos e servizos turísticos adecuados. Acordo do pleno do concello e informe favorable da comunidade autónoma.

Festas de interese turístico internacional

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Festas de interese turístico de Galicia Festas de interese turístico nacional de España

Ligazóns externas Orde ITC/1763/2006, de 3 de maio, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional