miniatura|Trobadores nunha miniatura do Cancioneiro da Ajuda, colección de poesías en galaico-portugués (s. XIII). A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico.

A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea. Os primeiros intentos de definir a poesía, como os da Poética de Aristóteles, centráronse no emprego da fala na retórica, no drama, no canto e na comedia. Intentos máis serodios centráronse en aspectos como a repetición, na forma do verso e na rima, salientando a estética que é o que distingue á poesía doutras formas de escrita máis obxectivas, informativas e prosaicas. Dende mediados do século XX, a poesía é considerada de forma máis xeneralizada como a forma creativa fundamental de empregar a linguaxe.

A poesía emprega formas e convencións para suxerir diferentes interpretacións das verbas, ou para evocar respostas emotivas. Recursos como a asonancia, a aliteración, a onomatopea e o ritmo son empregados a miúdo para acadar efectos musicais ou de encantamento. O uso da ambigüidade, o simbolismo, a ironía e outros elementos estilísticos da dicción poética fan posible deixar un poema aberto a múltiples interpretacións. Figuras semellantes do discurso como a metáfora, o símil e a metonimia crean unha resonancia entre imaxes dispares creando conexións de significados.

Algunhas clases de poesía son específicas de culturas e xéneros particulares e responden a características da lingua na que escriben os poetas. Os lectores acostuman a identificar a poesía con Dante, Goethe, Mickiewicz e Rumi e poden considerarse escritos con rima e métricas regulares. Porén, hai tradicións, como a poesía bíblica, que empregan outros xeitos para crear ritmo e eufonía. Moita da poesía moderna reflicte unha crítica á tradición poética, poñendo a proba e xogando e co principio mesmo da eufonía, ou mesmo obviando a rima e o ritmo. No proceso crecente de globalización, os poetas a miúdo adaptan estilos, formas e técnicas de diferentes culturas e linguas.

O Día mundial da poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celebrouse por primeira vez o 21 de marzo de 2000. A súa finalidade é fomentar o apoio aos poetas novos, volver ao encantamento da oralidade e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais artes (teatro, danza, música etc.) Historia miniatura|Aristóteles.

A poesía como forma de arte pode ser anterior á literatura. O poema máis antigo que se conserva é a Epopea de Gilgamesh, do terceiro milenio antes de Cristo e procedente de Sumer (en Mesopotamia, actual Iraq), que foi escrita en escritura cuneiforme en táboas de arxila, e posteriormente en papiros. Unha táboa que data do ano -2000 describe un rito anual no que o rei casa simbolicamente e acóplase coa deusa Inanna para garantir prosperidade e fertilidade, e está considerado o máis antigo poema de amor do mundo. Exemplos de poesía épica exipcia inclúen a Historia de Sinuhé (c. -1800). Outros poemas épicos antigos inclúen a Ilíada e a Odisea gregos, os libros avésticos Gathas e Yasna, a Eneida de Virxilio, e os poemas épicos indios Ramayana e Mahabharata.

A poesía épica, como os Vedas indios, os Gathasand ou a Odisea do século -VII, semella que foron compostos en forma poética para axudar na súa memorización e para a transmisión oral en sociedades prehistóricas e antigas.. Outros suxiren que a poesía non perseguía necesariamente a escritura. Outras formas de poesía desenvolvéronse directamente dende as cancións populares. As entradas máis antigas do recompilatorio Shijing, foron letras de cancións, que precederon a outras entradas creadas para ser lidas.

Os esforzos dos antigos pensadores para determinar que fai da poesía unha forma distintiva, e que distingue á poesía boa da mala, resultaron na "poética"—o estudo da estética da poesía. Algunhas tradicións poéticas antigas, como por exemplo a poesía clásica chinesa no caso de Shijing (Cásico de poesía) recolle o desenvolvemento dos canons de poesía con relevancia estética e ritual. Máis recentemente, os pensadores tiveron problemas para atopar unha definición que abranguese as grandes diferenzas que existen entre Os contos de Canterbury de Chaucer e o Oku no Hosomichi de Matsuo Bashō, así como as diferenzas de contexto que inclúen a poesía relixiosa, a poesía de amor e o rap.

Tradicións occidentais miniatura|esquerda|John Keats.|251x251px Os pensadores clásicos empregaron a clasificación como un xeito de definir e avaliar a calidade da poesía. Os anacos existentes da Poética de Aristóteles describen tres xéneros de poesía, a épica, a cómica e a tráxica, e desenvolven regras para distinguir a poesía de máis calidade en cada xénero, sobre a base dos propósitos subxacentes do xénero. Os estéticos posteriores identificaron tres grandes xéneros: a poesía épica, a poesía lírica e a poesía dramática, considerando a comedia e a traxedia como subxéneros da poesía dramática.

O traballo de Aristóteles foi moi influente a través da Idade Media durante a Idade de ouro islámica, así como en Europa durante o Renacemento. Poetas posteriores a miúdo distinguían e definían a poesía en oposición á prosa, que era xeralmente entendida como a escrita cunha proclividade á explicación lóxica e a unha estrutura narrativa lineal. Kant defende que a natureza da poesía como unha forma autoconsciente abstracta e fermosa elévase até o máis alto nivel nas artes verbais, con son ou música que a segue, e só despois da prosa máis lóxica e narrativa.

Isto non quere dicir que a poesía sexa ilóxica ou que careza de narración, senón máis ben que a poesía é un intento de facer algo fermoso ou sublime sen a carga de participar nos procesos de pensamento lóxico ou narrativo. O poeta romántico John Keats denominou esta fuxida da lóxica como "Capacidade negativa". Esta visión "romántica" é un elemento chave do éxito da poesía porque a forma é abstracta e distinta da lóxica subxacente nocional. Esta achega foi influente durante todo o século XX.

Durante este período, tamén foi substancialmente maior a interacción entre as diversas tradicións poéticas , en parte por mor do colonialismo europeo e o conseguinte aumento do comercio mundial. Ademais do boom da tradución, durante o período romántico foron descubertas numerosas obras antigas.

Disputas dos séculos XX e XXI miniatura|dereita|Archibald MacLeish. Algúns teóricos literarios do século XX tiveron menos en conta a oposición entre prosa e poesía, centrándose no poeta como aquel que crea empregando a linguaxe, e na poesía como a creación do poeta. O concepto subxacente do poeta como creador non é pouco común, e algúns poetas modernos non distinguen entre a creación dun poema con palabras, e os actos creativos noutro medios. Porén, outros modernistas consideran o intento de definir a poesía como trabucado.

O rexeitamento das formas e estruturas tradicionais da poesía comezaron na primeira metade do século XX e cadraron co cuestionamento do propósito e significado das definicións tradicionais e das distincións entre poesía e prosa, dando exemplos de prosa poética e poesía prosaica. Varios poetas modernistas escribiron en xeitos non tradicionais ou no que tradicionalmente se tería considerado prosa, malia que os seus escritos estaban polo xeral infundidos pola dicción poética e a miúdo contaban con ritmos e sons con intencións non métricas. Isto xerou unha substancial resposta formalista dentro das escolas modernas, esta resposta centrouse no desenvolvemento de novas estruturas formais como xeito de rexurdimento das vellas formas e estruturas.

Elementos Prosodia

A prosodia é o estudo da métrica, do ritmo e da entoación do poema. O ritmo e a métrica son diferentes, malia estar estreitamente relacionados. A métrica é o patrón definitivo estabelecido para un verso (coma o pentrámetro iámbico), mentres que o ritmo é de feito o son que resulta da propia poesía. A prosodia tamén pode ser empregada para referirse máis especificamente ó de determinar a métrica para comprobar de que clase é.

Ritmo

miniatura|esquerda|Robinson Jeffers|249x249px

Os xeitos de crear o ritmo poético varían segundo as diferentes linguas e as tradicións poéticas. As linguas son descritas a miúdo como posuidoras de tempos estabelecidos polos acentos, as sílabas e as moras dependendo de como se fixa o ritmo, aínda que unha lingua pode ser influenciada por outros factores. O xaponés é unha lingua co tempo baseado en moras. Entre as linguas co tempo baseado na sílaba cóntanse o latín, o catalán, o francés, o leonés, o galego e o castelán. O inglés, o ruso e o alemán son linguas baseadas no acento. As variacións na entoación tamén inflúen en como o ritmo é percibido. Hai linguas que poden basearse en calquera ton, coma o sánscrito védico ou o grego antigo. Entre as linguas tonais cóntanse o chinés, o vietnamita e moitas linguas níxer-congo.

O ritmo métrico xeralmente involucra modalidades precisas de acentos ou sílabas en patróns repetidos chamados pés. No inglés moderno, o patrón dos acentos nos versos permite diferenciar os pés, polo que o ritmo baseado na métrica se basea a miúdo no patrón de sílabas tónicas e átonas (soas ou elididas). Por outra banda, nas linguas clásicas, mentres as unidades métricas son semellantes, a duración vocálica é a que define a métrica. Na poesía do inglés antigo emprégase un patrón métrico que implica diversos número de sílabas, pero un número fixo de fortes acentos en cada liña .

O recurso predominante na poesía bíblica hebrea, incluíndo moitos salmos, foi o paralelismo, unha estrutura retórica na que as liñas sucesivas reflíctense entre elas na estrutura gramatical, na estrutura do son e na noción do contido. O paralelismo prestábase a respostas antifonais ou de chamada e resposta, que pode ser reforzada pola entoación. Deste xeito, a poesía bíblica baséase moito menos nos pés métricos para crear ritmo, e no seu canto, crea ritmo baseándose en unidades de son máis longas, como frases e oracións. Algunhas formas clásicas de poesía, como os venpa da lingua támil, tiñan gramáticas ríxidas (até o punto que poden ser expresados en gramática libre de contexto) o que garantiu un ritmo. Na poesía chinesa, tanto os tons como os acentos crean o ritmo. A poesía clásica chinesa identifica catro tons: ton de nivel, ton ascendente, ton saínte e ton entrante.

Os patróns formais de métrica empregados nos versos do para crear ritmo xa non dominan a poesía contemporánea en inglés. No caso do verso libre, o ritmo adoita estar organizado en unidades máis flexibles de cadencia no canto da métrica regular. Robinson Jeffers, Marianne Moore e William Carlos Williams son tres poetas salientables que rexeitaron a idea de que a métrica con acentuación regular é crítica para a poesía inglesa. Jeffers experimentou co ritmo sprung como un xeito alternativo de marcar o ritmo.

Métrica