Daniel Oren (en ) , nado en Iafa en 1955 é un director de orquestra israelí. Dende 2007 é director artístico do Teatro Verdi de Salerno (Italia).
Traxectoria Daniel Oren naceu en Israel, comezando os seus estudos de canto, harmonía, contrapunto e piano moi novo. Cando tiña 13 anos foi escollido por Leonard Bernstein para interpretar a parte solista de neno nos Chichester Psalms. Posteriormente perfeccionou os seus estudos de dirección en Alemaña, gañando en 1975 o primeiro premio na primeira edición da Herbert von Karajan Conducting Competition.
Oren dirixiu producións operísticas en toda Europa e os Estados Unidos. Oren dirixiu na Royal Opera House Covent Garden, o Metropolitan de Nova York, o Arena de Verona, a Staatsoper de Viena, a Opéra Bastille de París e os teatros de ópera de Roma, Trieste, Xénova, Florencia, Parma, Turín, Venecia, Buenos Aires, San Francisco, Tokyo, Houston, Washington, entre outros.Direttore nei teatri del mondo Tamén dirixiu moitos concertos de música sinfónica con orquestras como a da Accademia Nazionale de Santa Cecilia en Roma, a Maggio Musicale Fiorentino de Florencia, e outras orquestras de Colonia, Stuttgart, Frankfurt e a Berliner Philharmoniker.
Dende hai vinte anos é un dos protagonistas do Arena di Verona Festival.sodalizio con l'arena di Verona
Repertorio O seu repertorio operístico inclúe moitas óperas de Verdi, entre elas Aida, Simon Boccanegra, La traviata, Rigoletto e Nabucco; óperas de Puccini como Madama Butterfly, Tosca e Turandot; así como as óperas Andrea Chenier (Giordano), Norma (Bellini), La Juive (Halevy) e Carmen (Bizet).
Coa Ópera de Israel dirixiu as óperas Nabucco (Verdi), La Bohème, Tosca (Puccini) e La Juive'' (Halevy).
Notas
Categoría:Directores de orquestra de Israel Categoría:Nados en Tel Aviv Categoría:Nados en 1955