Anxo Lois García Pintos, nado Vigo o 3 de marzo de 1968, é un músico e compositor galego.

Traxectoria Músico multiistrumentista e compositor, irmán dos tamén músicos Silvia Superstar e Gael Pintos. Comezou os seus estudos musicais aos oito anos, dacabalo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, do seu pai Suso Pereira e do Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos que dirixía Antón Corral, chegando a incluír na nómina dos instrumentos que toca a gaita, zanfona, violín, saxo soprano e frauta de bico. alt=Berroguetto 2013|esquerda|miniatura Cofundador do grupo de gaitas Alfolíes, do Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos, da Banda de Gaitas Xarabal, do grupo Matto Congrio e de Berrogüetto, no 1995. Posteriormente fundou o trío Lizgairo, xunto a Rodrigo Romaní e Xosé Liz. Ten colaborado con outros músicos e grupos, entre os que cabe citar a Milladoiro, The Chieftains, Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Mercedes Peón, Uxía, Chouteira, Pilocha, Antón Seoane, ou Quico Comesaña no espectáculo dramatúrxico A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro.

Foi mestre de zanfona durante once anos no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Na actualidade é presidente da Fundación SondeSeu, e compatibiliza o seu labor de mestre de zanfona da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), co de coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia "SondeSeu" , e a actividade escénica en Berrogüetto, o trío Lizgairo e SondeSeu.

Traballos discográficos Traballos publicados con Berrogüetto Navicularia, 1996. A cantar con Xabarín, 1998. Cantigas de Nadal, 1999. Viaxe por Urticaria, 1999. Hepta, 2002. 10.0, 2006. Kosmogonías, 2010. O pulso da terra, 2011.

Traballos publicados con Matto Congrio Matto Congrio, 1993.

Traballos publicados con Lizgairo Diacronías, 2008.

Traballos publicados con SonDeSeu Mar de Vigo. Trastempo. Barlovento, 2010.

Premios Con Berrogüetto Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997. Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998. Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999. Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002. Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007. Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007. Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Outros premios Premio Opinión ao mellor disco galego do 2009, con Lizgairo. Premio Opinión ao mellor disco galego do 2011, con SonDeSeu.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia. Ligazóns externas Perfil na e-Trad de Vigo

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Zanfonistas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes