Casimiro Torre Castro, nado en Montes (O Campo Lameiro) o 2 de agosto de 1821 e finado en Santiago de Compostela o 6 de xuño de 1874, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Torre, casou con Ignacia Sánchez Somoza e foi pai de Lino Torre Sánchez-Somoza. Estudou medicina en Compostela, foi alumno interno do Real Hospital dende 1859, graduouse en 1862, foi nomeado profesor auxiliar de Medicina e en 1864 foi nomeado catedrático de Medicina Legal e Toxicoloxía. Fiel a Eugenio Montero Ríos, foi Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1870-1871 e 1872). Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1872-1873.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado Xenealoxía Torre
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Campo Lameiro Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1874 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela