As Moráceas (Moraceae) son unha familia da orde Rosales. Poden ser árbores ou arbustos, ter a follas caedizas ou perennes, e raramente son herbas (Dortenia, Cannabis, Humulus), monoicas ou dioicas. O zume posúe unha substancia chamada látex. Follas simples dentadas e ás veces de bordo lobado, alternadas e opostas; con estípulas caedizas. Flores miúdas, unisexuais, monoclamídeas, frecuentemente tetrámeras; cáliz con 4 - 6 sépalos; androceo co mesmo número de estames que pezas teña o cáliz; xineceos súperos (Arthocarpus) a ínferos (Castilloa), bicarpelar sincárpico, adoita abortar un, mais fican os dous estilos; reunidas en inflorescencias cimosas. Froitos en núculas aquenios, drupáceos ou que a miúdo constitúen pseudocarpos ou infrutescencias (tales coma o sicono e a sorose).
En total existen unhas 2.500 especies e de 50 a 55 xéneros divididos en cinco tribos, tropicais na súa maioría e moitas con grande importancia económica.
Xéneros
Tribo Artocarpeae Artocarpus Batocarpus Clarisia Hullettia Parartocarpus Prainea Treculia Tribo Castilleae Antiaris Antiaropsis Castilla Helianthostylis Maquira Mesogyne Naucleopsis Perebea Poulsenia Pseudolmedia Sparattosyce Tribo Dorstenieae Bosqueiopsis Brosimum Dorstenia Helicostylis Scyphosyce Trilepisium Trymatococcus Utsetela Tribo Ficeae Ficus Tribo Moreae Bagassa Bleekrodea Broussonetia Fatoua Maclura Milicia Morus Sorocea Streblus Trophis Craterogyne Cudrania Metatrophis Olmedia Olmediopsis
Véxase tamén