Rafael Picó Cañeque, nado en Uceda (provincia de Guadalaxara) o 13 de xullo de 1895 e finado en Pontevedra o 20 de novembro de 1984, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato en Pontevedra. Fixo a carreira de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos en Madrid, que rematou en 1923. Ese mesmo ano foi nomeado enxeñeiro das obras do porto de Pontevedra. De 1932 a 1948 foi enxeñeiro director das obras do porto de Pontevedra. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra polo Gobernador civil o 7 de xullo de 1942, permanecendo no cargo ata xuño de 1948. Foi procurador en Cortes (1946-1948). Finou en Pontevedra o 20 de novembro de 1984.Necrolóxica en ABC
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Uceda Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1984