Eden Michael Hazard (pronunciación francesa: [edɛn azɑʁ]), nado o 7 de xaneiro de 1991 en La Louvière, é un exfutbolista profesional belga. Xogaba principalmente de mediapunta ou de extremo. Hazard é coñecido pola súa creatividade, velocidade e habilidade técnica. Anunciou a súa retirada en outubro de 2023. Traxectoria
Foi internacional coa selección belga, e representou o seu país nas categorías sub-17 e sub-19. Fixo o seu debut coma profesional en novembro de 2008, con 17 anos e 316 días, nun amigábel contra Luxemburgo. Case tres anos despois do seu debut, Hazard anotou o seu primeiro gol como internacional contra Kazakhstán en outubro de 2011.
Palmarés Club Lille Ligue 1 (1): 2010–11 Coupe de France (1): 2010–11
Chelsea Premier League (2): 2014–15, 2016–17 FA Cup (1): 2017–18 EFL Cup (1): 2014–15 UEFA Europa League (2): 2012–13, 2018–19
Individual Xogador do Ano da Ligue 1 (2): 2010–11, 2011–12 Xogador Novo do Ano da Ligue 1 (2): 2008–09, 2009–10 Equipo do Ano da Ligue 1 (3): 2009–10, 2010–11, 2011–12 Xogadores do Mes da UNFP (3): Marzo 2010, Marzo 2011, Marzo 2012 Premio Bravo (1): 2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FIFA.com Perfil en ESPN Perfil en Topforward
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en La Louvière Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022