O ácido láurico (ou ácido dodecanoico) é un ácido graxo saturado de 12 átomos de carbono, polo que se considera un ácido graxo de cadea de tamaño medio. É un sólido branco en po cun lixeiro cheiro a aceite de loureiro ou xabón. Os seus sales e ésteres denomínanse lauratos.
Distribución O ácido láurico é un compoñente dos triglicéridos, e supón aproximadamente a metade do contido en ácidos graxos do aceite de coco, aceite de loureiro, e aceite de semente de palma (extraído das sementes da Elaeis guineensis, que non é o mesmo ca o aceite de palma extraído da polpa do froito).David J. Anneken, Sabine Both, Ralf Christoph, Georg Fieg, Udo Steinberner, Alfred Westfechtel "Fatty Acids" in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry 2006, Wiley-VCH, Weinheim. DOI: 10.1002/14356007.a10_245.pub2 Noutros produtos é relativamente escaso. Atópase tamén no leite humano (6,2% das graxas totais), e no leite de vaca (2,9%), e no de cabra (3,1%).
Propiedades e usos Como moitos outros ácidos graxos, o ácido láurico ten unha vida útil longa polo que pode ser almacenado durante longos períodos, é barato, non é tóxico e é doado de manexar. Utilízase principalmente para a produción de xabóns e cosméticos. Para este uso o ácido láurico neutralízase con hidróxido de sodio para orixinar laurato sódico, que é un xabón. O máis común é obter o laurato sódico por saponificación de varios aceites, como o aceite de coco. Estes precursores producen mesturas de laurato sódico e outros xabóns.
No laboratorio, o ácido láurico utilízase ás veces para investigar cal é a masa molar dunha substancia descoñecida por medio do descenso crioscópico (depresión do punto de conxelación). O ácido láurico é conveniente para este uso porque o seu punto de fusión cando é puro é relativamente alto (43,2 °C). A súa constante crioscópica é de 3,9 K·kg/mol. Ao fundir ácido láurico coa substancia descoñecida que estamos a investigar, permite que arrefríe, e anotando a temperatura á que conxela a mestura, pode determinarse a masa molar do composto descoñecido.
Propiedades medicinais potenciais O ácido láurico ten propiedades antimicrobianas segundo algúns estudos.
Algúns experimentos in vitro suxiren que algúns ácidos graxos entre os cales está o láurico poderían ser un útil tratamento para o acne, pero non se realizaron aínda ensaios clínicos para avaliar os seus posibles beneficios nos humanos.
O ácido láurico incrementa o colesterol total, pero a maioría do incremento é atribuíble ao aumento de lipoproteína de alta densidade (HDL), considerada colesterol "bo". Como resultado, o ácido láurico ten "un efecto máis favorable sobre o colesterol total:HDL ca os outros ácidos graxos, tanto saturados coma insaturados"; unha menor proporción de colesterol total/HDL suxire un descenso no risco de aterosclerose.Thijssen, M.A. and R.P. Mensink. (2005). Fatty Acids and Atherosclerotic Risk. In Arnold von Eckardstein (Ed.) Atherosclerosis: Diet and Drugs. Springer. pp. 171–172. ISBN 978-3-540-22569-0.
O ácido láurico convértese no corpo no monoglicérido monolaurina.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Berner, Louise A. (1993). Defining the Role of Milkfat in Balanced Diets. In John E. Kinsella (Ed.) Advances in Food and Nutrition Research – Volume 37. Academic Press. pp. 159–166. ISBN 978-0-12-016437-0. Kabara, Jon J. (1978). The Pharmacological Effect of Lipids. Champaign IL: American Oil Chemist's Society. ISBN 99918-1-769-7. Kabara, Jon J. (2008). Fats Are Good for You and Other Secrets – How Saturated Fat and Cholesterol Actually Benefit the Body. North Atlantic Books. ISBN 1-55643-690-4.
Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos carboxílicos