Historias de Oregón é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2011 logo de que gañase ese verán o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.
Sinopse
A trama relaciona diversos personaxes da vila de Oregón, heterónimo literario de Ourense. A acción discorre nun verán de forte calor.
Aurora P.G. é unha muller que sofre os maltratos do seu home. Unha enfermeira que coñece a través da doazón de sangue intenta animala para que faga tai chi. Cae no cristianismo e confesa a un sacerdote que lle atrae a idea do suicidio, mais mata o seu home, Andrés Carracedo Sánchez, cun coitelo.
Ponte sobre o río Bibei na Pobra de Trives.|dereita|miniatura
Diana Maroto é unha rapaza de São Paulo de 20 anos que ten unha filla alá e exerce a prostitución en Oregón. É asasinada por un home, e logo de que o seu corpo apareza a tres quilómetros da ponte do Bibei, Eusebio R.S. acaba confesando o crime.
Camélia V.P. é unha prostituta portuguesa, que unha vez ao mes se cita cun construtor de sona nun motel á beira da estrada de Santiago de Compostela, a 10 km da vila. Nunha das citas róuballe a carteira con bastantes cartos. Dá estes cartos á nai de Diana, xunto con outros recadados por emigrantes da vila, para que llos dea á súa neta.
Rafael B.D. está namorado da doutora Carme Méndez T., mais esta non quere seguir con el. Autolesiónase e contrata os servizos de Camélia.
Mateo G.L. é un peón forestal. Ten algún negocio escuro con Gumersindo E.V., quen matou a Anselmo Vázquez Prada, un construtor que lle tiña que dar uns cartos. Carlos A.N. é amigo de Mateo e irmán de Rosa A.N., á súa vez muller do construtor.
Narración A obra está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Novelas ambientadas en Ourense Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Obras literarias de Diego Ameixeiras