O Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa é un galardón concedido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol en recoñecemento ao traballo de individuos e organizacións comprometidos co dereito á liberdade de información. Até 2024 chamouse Premio José Couso de Liberdade de PrensaNacho Carretero, Ramón Chao, Zehra Doğan e Julia Otero, finalistas do Premio Couso, Praza Pública, 20 de marzo de 2018., en homenaxe ao reporteiro gráfico José Couso, que morreu durante a invasión de Iraq de 2003 polos disparos dun carro de combate estadounidense contra o Hotel Palestine da capital iraquí no que se atopaba. Porén, a familia pediu que se retirase o seu nome do galardón.

O galardón é unha estatuíña do escultor Manuel Patinha chamado Ás Ceibes.O Premio , Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia«"Wikileaks gana el VII Premio José Couso a la libertad de prensa», El País, 8 de abril de 2011 .

Lista de galardóns I edición, 2005: Ali Lmrabet, periodista e diplomático marroquí. II edición, 2006: Le Monde Diplomatique, publicación francesa. III edición, 2007: Jon Lee Anderson, periodista estadounidense. IV edición, 2008: José Vidal-Beneyto, filósofo e sociólogo español. V edición, 2009: Rosa María Calaf, periodista española. VI edición, 2010: Daniel Anido e Rodolfo Irago, periodistas españois.«Premio José Couso á Liberdade de Prensa para Daniel Anido e Rodolfo Irago », Cadena SER, 15 de abril de 2010 VII edición, 2011: Wikileaks, web que publica informes anónimos e documentos filtrados considerados de interese público.«O portal Wikileaks gañou o VII Premio José Couso á Liberdade de Prensa », Yahoo! Noticias, 8 de abril de 2011 VIII edición, 2012, Consello de Informativos de TVE. IX edición, 2013, Mónica García Prieto. X edición, 2014, Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, xornalistas españois. XI edición, 2015, Jordi Évole, xornalista español. XII edición, 2016, Miguel Ángel Aguilar, xornalista español XIII edición, 2017, Xosé Hermida XIV edición, 2018, Julia Otero, xornalista galega. XV edición, 2019, Defende a Galega. XVI edición, 2020, Manuel Rico. XVII edición, 2021, Lorenzo Milá. XVIII edición, 2022, Érika Reija. XIX edición 2023, Marcos Méndez Moreira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Premio José Couso de liberdade de prensa , páxina oficial.

José Couso Categoría:Liberdade de expresión