Mercedes Romero Abella, nada en Cee o 27 de xuño de 1907 e finada en Aranga o 19 de novembro de 1936, foi unha mestra republicana galega.
Traxectoria Na súa mocidade viviu en Corcubión, onde o seu pai Manuel Romero Castro traballaba como fotógrafo. Comezou os estudos de Maxisterio na Coruña en 1922 e rematou en 1926. En 1931 casou con Francisco Mazariegos Martínez, empregado de banca e sindicalista da UGT no Banco Pastor. En 1936 era mestra en Monelos, foi presidenta da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza (FETE). Despois do asasinato do seu home, cando tentaba facer xestións para embarcar cara a América foi detida. Violada e torturada, foi fusilada no pozo da Castellana (Aranga) o 19 de novembro de 1936. Foi enterrada nunha fosa común en Vilarraso.
Ela e María Vázquez Suárez son as dúas mestras executadas na represión fascista.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Represión franquista en Galicia Ligazóns externas "A represión franquista na comarca" Fervenzas.es Mercedes Romero Abella na páxina web A Coruña das Mulleres. AC Alexandre Bóveda.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936