Chromatics foi unha banda estadounidense de música electrónica formada en Portland, Oregón no ano 2001. O grupo está composto por Ruth Radelet (voces/sintetizadores), Adam Miller (guitarra/vocoder), Nat Walker (batería/sintetizadores) e Johnny Jewel (produtor, multi-instrumentista). Orixinalmente a banda tiña un característico son inspirado no punk e no lo-fi que foi descrito como "ruidoso" e "caótico". Tras numerosos cambios na súa formación, que deixaron ao guitarrista Adam Miller como único membro orixinal, o grupo comezou a editar material a través do selo Italians Do It Better en 2007, cambiando o seu estilo cara a un son influenciado polo italo disco.

O seu terceiro álbum, Night Drive (2007), foi ben acollido pola crítica, así como o cuarto, Kill for Love, publicado o 26 de marzo de 2012. Varias cancións da banda apareceron en series de televisión como Bates Motel, Gossip Girl, Mr. Robot, Parenthood, Revenge, Riverdale, 13 Reasons Why e Twin Peaks, e o seu tema "Tick of the Clock" apareceu nos filmes Drive (2011) e Taken 2 (2012). O seu último álbum ata a data, Closer to Grey, foi publicado o 2 de outubro do 2019.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Chrome Rats vs. Basement Rutz 2003 Gold Standard Laboratories Plaster Hounds 2004 Gold Standard Laboratories Night Drive 2007 Italians Do It Better Kill For Love 2012 Italians Do It Better Closer to Grey 2019 Italians Do It Better

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil da banda en Facebook

Categoría:Grupos musicais de Portland, Oregón Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais formados en 2001