Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.

Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.cf.

Lista miniatura|Leiras en Muxía. miniatura|Berros. miniatura|Carro tradicional galego. As rodas están feitas de cambas; os laterais do carro son chamados chedas. abanqueiroPrósper (2002) p. 90. [m] 'cadoiro, fervenza', formalmente un derivado en -arium de *abanco, do protocelta *abankos.Ward A. (1996), s.v.Matasovic R. (2009), s.v. Relacionado co irlandés abacc, do galés afanc e do bretón avank. abeneiro [m] 'amieiro', un derivado en -arium de *aben-no- 'río (árbore)', unha formación similar no protocelta *abal-no- 'mazá-árbore' e *wer-no- 'auga(árbore)' (ameneiro), relacionado co bretón auon, o galés afon e o irlandés antigo ab 'río'. agruño / abruño [m] 'froito do abruñeiro', do protocelta *agrīnio,cf. Meyer-Lübke 294., influenciado polo latín PRUNUM 'ameixa', semellante ó irlandés áirne, ó galés eirin 'ameixa'; relacionado co occitano agranhon, do provenzal agreno, do catalán aranyó e o aragonés arañon. Abruño e abruñeiro poden vir tamén directamente do latín prunus (cfr. o abrunal asturiano).

albó, alboio [m] 'alpendre, pendello, sobeira', do protocelta *ɸare-bow-yo-Ward A. (1996), s.v. AREBOWION., relacionado co irlandés antigo airbe 'cuberto, pechado'. anaco [m] 'parte que resulta da división doutra maior', do celta *ann-. Da palabra galega podería provir a castelá añicos. O galego antigo ambas [f p] 'augas, ríos', ambas mestas [f] 'confluencia',Moralejo (2007) p. 50. do celta ambeMatasovic R. (2009), s.v. *abon- 'auga, río', semellante ó galo ambe 'río', e ó irlandés antigo aub. banastra [f] 'cesta grande', do francés antigo banaste, do celta *benna 'cesta'. banzo [m] 'chanzo, viga', do protocelta *wank-yo-, relacionado co castelán banzo (segundo Coromines de *wankjos); semellante ó irlandés féige 'trabe horizontal'. Derivados: banza 'respaldo', banzado, banzao 'valado'. barra [f] 'faiado, plataforma superior', do protocelta *barro-, relacionado co irlandés, galés e bretón barr 'cima, pico, cume'. becerro [m] ‘cría da vaca’, incerto: do protocelta *bicurru-, do ibero *ibicurri- ou do latín *Ibex- ‘cabra libre’. berro [m] 'agrón', do protocelta *beru-ro-,Meyer-Lübke 1054Donkin (1864), s.v. berro relacionado co castelán berro; semellante ó irlandés antigo biror, ó galés berwr, ó bretón antigo beror, ó francés berle (< bĕrŭla en latín procedente do galo; en irlandés biolar, en bretón beler). beizo [m] ‘as dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca’, do protocelta *beiccion- ‘boca de animal’, que á súa vez provén de *baicciō ‘berrar’, relacionado co antigo irlandés béccim, irlandés béic ‘berro’, escocés beuc, galés beichio ‘bruar’, córnico begi ‘ornear’, bretón begiad ‘bear’, castelán bezo ‘beizo grande’. bico [m] 'beixo', do protocelta *bekko-,Ward A. (1996), s.v. BECLOSMeyer-Lübke 1013 relacionado co bretón beg, do italino becco e do francés bec. Derivados: bicar, bicaño 'outeiro', bicallo (un peixe, Gadus luscus). bidueiro [m] < *betūlariu, biduo [m] < *betūlu, bidulo [m] < *betūllu,Meyer-Lübke s. v. *betulus, *betullus do celta *betu- ou *betū-, relacionado co castelán biezo, co catalán beç, co occitano bèç (< bettiu); semellante ó irlandés beith, ó galés bedw e ó bretón bezv. Derivados: Bidueiral, Bidual 'terreo de bidueiros'. billa, [f] 'espiga; vara' do protocelta *beljo- 'árbore, tronco'Matasovic (2009) s.v., semellante ó irlandés antigo bille 'grande árbore, tronco de árbore', ó manés billey 'árbore', ó gales pill 'tocón', ó bretón pil; relacionado co francés bille 'leña, peza de madeira'. bode [m] ‘macho da cabra’, do protocelta *bukko-, relacionado co francés bouc, préstamo do holandés bok. borba [f] 'lama, limo', do protocelta *borwâ-,Ward A. (1996), s.v. BORWOS relacionado co francés bourbe 'lama'; semellante ó irlandés bearbh 'ebulición', ó galés berw 'ebulición' e ó bretón berv 'caldo, burbullo'. Derivados: borbento 'mucilaxinoso'. borne [m] 'bordo, beira', do francés borne 'marco', do francés antigo bosne, bodne, do latín vulgar *bodĭna / *budĭna 'árbore de fronteira', do protocelta *botina 'tropa',Meyer-Lübke 1235 semellante ó irlandés antigo buiden e ó galés byddin 'exército' (*budīnā). bosta [f], 'excrementos sólidos do gando vacún'. braga [f],do protocelta *braco-,Meyer-Lübke 1252 relacionado co castelán e occitano braga,co francés braie e co italiano brache. Derivados: bragal, bragada 'masa de ovos de peixes', bragueiro. braña [f] 'pantano, prado, encalco', do protocelta *bragno-,Ward A. (1996), s.v. MRAKNOS relacionado co asturiano e cántabro braña, co catalán braina, semellante ó irlandés brén, ó galés braen, e ó bretón brein 'podre', bréanar, braenar e breinar 'campo de barbeito'. Derivados: brañal, brañeira, brañento 'idem'. breixoBáscuas (2006) p. 134. [m], de *broccius,Cf. Coromines (1973) s.v. brezo. do protocelta *vroiki-,, semellante ó irlandés antigo froich, ó galés gwrug, ó córnico grig; relacionado co castelán brezo, co occitano bruga e co francés bruyère. O galego antigo bren [m] 'farelo', probablemente do provenzal brem, do protocelta *brenno-,Meyer-Lübke 1284 relacionado co francés bran e o lombardo bren. breña [f] 'conxunto espeso de matas ou maleza' do celta *brigna- 'outeiro'. bringaCoromines (1973) s.v. brizna. [f] 'talo, cana', de *brīnikā, do celta *brīnos 'cana'; semellante ó galés brwyn 'xunco', ó córnico broenn e ó bretón broen; relacionado co frnacés brin 'talo'. brío [m] 'forza, poder', do italiano brio, do occitano briu 'salvaxe', do protocelta *brigos, relacionado co occitano briu, co francés antigo brif 'delixadeza, estilo'; semellante ó irlandés antigo bríg 'poder', ó galés bri 'prestixio, autoridade' e ó bretón bri 'respecto'. O galego antigo busto [m] 'gandaría, leitería', do composto celta *bow-sto-Matasovic R. (2009), s.v. *bow- significa 'lugar con vacas', semellante ó celtibérico boustom 'corte', ó irlandés buas 'riqueza en gando'; relacionado co portugués bostar e co castelán bustar Derivatives: bustar 'pastures'. cai [m] 'peirao, embarcadoiro', probablemente do francés (e á súa vez do normando) quai, do protocelta *kag-yo-,Ward A. (1996), s.v. KAGOSMeyer-Lübke 1480 semellante ó galés cae, ó córnico ke, ó bretón kae 'cobertura' e ó francés chai 'adega'. callao [m] 'pedra pequena, lisa e redonda pola erosión' do protocelta *ca-la-, relacionado co francés caillou. cambiar, do latín vulgar cambiare, do protocelta *kambo-,Meyer-Lübke 1540 relacionado co francés changer, co occitano e castelán cambiar, co catalán canviar, co italiano cambiare; semellante ó bretón kemm 'intercambio', ó irlandés antigo cimb 'rescate'. Derivados: cambio, cambiador. camba [f] 'arco da roda' do protocelta *kambo-,Meyer-Lübke 1542 relacionado co irlandés antigo camm 'torto', co occitano cambeta 'parte do arado'. Derivados: cambito, cambada, camballa, cambeira 'madeiro torto para colgar peixes', cambela 'tipo de arado', cambota 'peza inferior da cheminea'. camiño [m] 'vieiro', do latín vulgar *cammīnus, do protocelta *kanxsman-,Meyer-Lübke 1552 relacionado co italiano cammino, co francés chemin, co castelán camino, co catalán camí, co occitano camin ; semellante ó irlandés antigo céimm e ó bretón cam 'paso'. Derivados: camiñar. camisa [f] do protocelta camisia.Meyer-Lübke 1550. relacionado co castelán e occitano camisa, co italiano camicia e co francés chainse canga [f] 'colar, xugo', do protocelta *kambika.Meyer-Lübke 1541. canto [m] 'bordo, esquina', do protocelta *kanto-, semellante ó irlandés antigo cét 'soporte de pedra redonda', ó galés cant 'marco', ó bretón kant 'disco'; relacionado co francés antigo chant, co francés canton 'distrito', co occitano cant e co castelán canto. Derivados: recanto, cantón, acantoar, cantil. carro [m], do latín vulgar carrum, do protocelta *karro-,Meyer-Lübke 1721 relacionado co romanés car, co italiano carro, co francés char, co provenzal car, co castelán carro; semellante ó irlandés carr, ó galés car e ó bretón karr. Derivados: carreira, carregar. caxigo [m] 'carballo', de *CASSĪCOS, relacionado co castelán quejigo, semellante ó francés chêne (que provén de *CASSANOS), do protocelta *casso- 'rizado, trenzado'.Coromines (1997) s.v. quejigo; Matasovic (2009) s.v. *casso- carballo [m] 'árbore da familia das fagáceas' de *cassīcos, do celta *cassos, relacionado co irlandés cas, galés antigo cascord, francés chêne, asturiano caxigu, aragonés caixico, gascón casse. cervexa [f], do latín vulgar *cerevisia, de orixe celta.Meyer-Lübke 1830. Relacionado co francés antigo cervoise, co provenzal e castelán cerveza; semellante ó irlandés antigo coirm, ó galés cwrw e o bretón korev. cheda [f] 'lateral externo dun carro, onde as barras transversais están fixadas', do latín medieval cleta, do protocelta *klētā,Meyer-Lübke 1988 relacionado co irlandés clíath 'obstáculo', co galés clwyd 'barreira, vimbio, estada, porta', co galés kloued; relacionado co francés claie 'andel', co occitano cleda, co catalán cleda 'cerco do gando' e co éuscaro gereta. choco [m] 'lura', do protocelta *klokko-,Donkin (1864), s.v. semellante ó irlandés antigo clocc, ó galés cloch, ó bretón kloc'h; relacionado co asturiano llueca e llócara, co francés cloche 'campá', alemán Glock. Derivados: chocar, chocallo. chota [m] anaco de esterco arrincado do chan, forma que adoita ao ser arrincado o esterco. chousa [f] terreo, parte de monte baixo delimitado e pechado. Do latín clausa '(terra) pechada'. colmea [m], da forma celta *kolmēnā 'feito de palla'cf. Varela Sieiro, Xaime. Léxico Cotián na Alta Idade Media de Galicia: A arquitectura civil. Santiago, 2008. ISBN 978-84-9750-781-3. pp. 205-206. relacionado co castelán colmena, de *kolmos 'palla', que vemos no leones cuelmo; relacionado co galés calaf "cana, talo", co córnico kalav "palla" e co bretón kolo "talo". cómaro, comareiro [m] 'DRALG: pequena elevación de terreo de pouca extensión' posiblemente e por vía semiculta do latín 'cumulus'Hector IGLESIAS "TOPONYMES PORTUGAIS, GALICIENS, ASTURIENS ET PYRÉNÉENS : AFFINITÉS ET PROBLÈMES HISTORICO-LINGUISTIQUES" ou do protocelta *kom-ɸare-(yo)-, relacionado co irlandés antigo comair 'diante de', cp galés cyfair 'dirección, lugar, acre'. Ou tamén de *kom-boros 'reunir'.Prósper (2002) p. 242. Derivados: acomarar 'marcar os límites dunha terra'. comba [f] 'val, inflexión', do protocelta *kumbā,Meyer-Lübke 2386 relacionado co italiano comba, co francés combe, co occitano comba; semellante ó irlandés com, coim 'cavidade torácica', co galés cwm 'conca (forma de terra)', co córnico komm 'val pequeno, val arbolado', co bretón komm 'val pequeno'. combarro [m], combarrizo [m] 'corte, alpendre', do protocelta *kom-ber-o- 'xuntar'. Relacionado co francés medieval combres 'valado no río para a pesca'. combo [m] (adj.) 'dobrado, curvado', do protocelta *kumbo-,Meyer-Lübke 2387 relacionado co provenzal comb e o castelán combo. Derivados: combar. comboa [f] 'curral utilizado para a captura de peixes atrapados na marea baixa', do medieval combona, do protocelta *combā 'val' ou *combos 'dobrado'. crica [f] 'vulva; fociño; cinta', do protocelta *krīkʷā, relacionado co irlandés medieval crích 'límite, suco', co galés crib 'crista' e co bretón krib 'dobrado'. croa [f] parte central e máis elevada dun castro. Lugar cuberto de pedras e elevado.