A fractura de Galeazzi é un tipo especial de fractura do antebrazo, caracterizada por unha rotura da diáfise radial e unha luxación na articulación radiocubital distal. A lesión produce unha disrupción ao nivel da articulación da man. A fractura de Galeazzi representa entre o 3 e o 7% do total de fracturas da man. Son máis frecuentes en homes que en mulleres, e a lesión adoita estar asociada a caídas co brazo e a man en hiperextensiónhttp://emedicine.medscape.com/article/1239331-overview.

Historia A fractura de Galeazzi chámase deste xeito na honra do cirurxián italiano Ricardo Galeazzi (1866-1962) do instituto de Rachitici en Milán, quen descubriu a lesión no ano 1934. Porén, esta lesión foi descrita por vez primeira en 1842 por Cooper.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fractura Radio (óso) Articulación radiocubital distal Ligazóns externas Radiografías da fractura de Galeazzi - gentili.net Radiografías da fractura de Galeazzi - learningradiology.com

Categoría:Fracturas