A ovella galega é unha raza de ovellas de orixe galega. Clasifícase dentro da rama de produtoras de la entrefina, cuxo antepasado é o Ovis aries celtibericus. O número de exemplares desta raza en Galicia medrou notablemente nos últimos anos. No ano 2012 o número total de exemplares era de 4.548 (3.862 femias e 686 machos) distribuídos en 110 explotacións gandeiras.

Distribución xeográfica A área de distribución, que outrora abranguía practicamente toda Galicia, aparece dispersa en núcleos por toda a xeografía galega. A maior concentración da raza atópase en Ourense, metade sur de Lugo e o oeste de Pontevedra.

Morfoloxía É un animal de pequeno tamaño, de perfil recto e proporcións medias. A súa capa é de cor branca uniforme ou negra. A forma dos cornos dos machos adoptan formas de espiral dobre, ben desenvolvidos. Nas femias, cando se presentan, son xeralmente rudimentarios.

Existen dous ecotipos diferentes, un denominado "Mariñano" ou das zonas baixas e outro de "Montaña". O primeiro ecotipo ten máis peso corporal (35-40 quilos as femias e 50-70 os machos) que o segundo (20-35 quilos as femias e 35-45 os carneiros).

Explotación O seu uso produtivo principal é na produción cárnica. A raza posúe unhas características únicas que a fan axeitada para a explotación en extensivo: rusticidade, gran resistencia a enfermidades, fertilidade. Ademais é unha gran produtora de leite e ten un excelente carácter maternal.

Os sistemas de explotación son extensivo ou semiextensivo. No ecotipo Mariñano atopamos rabaños por baixo dos 5 animais. Nas zonas altas, onde se explota a de Montaña, na provincia de Lugo o normal é que o rabaño teña teña entre 25 e 40 ovellas, e nas montañas de Ourense, os rabaños chegan ós 100 ou 200 exemplares. miniatura|Ovellas galegas no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

Evolución da poboación AnoFemiasMachosTotalGanderías20092 7764503 2268020103 3595893 9489620113 6036434 24610220123 8626864 54811020134 0367384 77410820143 8165194 33510820153 6716844 3559120163 7876054 3929820173 6916284 3199920184 0358124 84710220194 5111 1605 67110420204 4351 0105 44511020214 2281 1795 40710820224 4859005 38595

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consellería de Medio Rural

Categoría:Ovellas Categoría:Razas autóctonas de Galicia