A historia contemporánea de Galicia abrangue a historia de Galicia na Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX, XX e XXI.

Século XIX As estruturas forais do Antigo Réxime perpetuáronse durante o século XIX (incluíndo ata o 90% da superficie produtiva); non mudaron nin os cultivos nin as técnicas nin houbo mecanización; acentuouse un minifundismo, situación que non comezou a se resolver ata as concentracións parcelarias de fins do século XX. A rede ferroviaria foi construída moi serodiamente.

A modernización comezou coa crise agraria de fins do século XIX. Redimíronse os foros nas primeiras tres décadas do século XX, convertendo aos campesiños en propietarios. Neste momento tiveron importancia os movementos agraristas. A partir de entón eliminouse definitivamente o cultivo de barbeito, comezáronse a usar produtos químicos, creáronse prados artificiais e introduciuse maquinaria. Na segunda metade do século produciuse unha especialización agraria, acompañada de motorización, e industrializáronse algúns sectores a partir de fórmulas cooperativas.

A relativa prosperidade da banca, de carácter fundamentalmente local, estaba ligada ás remesas dos emigrantes e á dispersión da poboación. A industria conserveira consolidouse a fins do século XIX da man dos avances na construción naval.

Guerras napoleónicas

Xunta Suprema do Reino de Galicia Coa invasión das tropas e Napoleón Bonaparte a Xunta Suprema do Reino de Galicia proclámase soberana en ausencia de Fernando VII. Organizou un exército e despregou un importante labor diplomático. O Reino de Galicia foi o primeiro territorio liberado do exército francés.

As alarmas populares ao mando de guerrilleiros como Cachamuiña causan estragos nas forzas de ocupación. Serán fitos importantes dese ano 1809 a batalla de Ponte Sampaio e a Reconquista de Vigo.

Rexión de Galicia En 1833 foi disolto o Reino de Galicia a favor da Rexión de Galicia, a reforma territorial de Javier de Burgos configura as provincias consonte o modelo liberal francés. Trataranse de departamentos administrativos dependentes directamente do goberno español.

Provincialismo

miniatura|Carta xeométrica de Galicia. Foi un movemento político galeguista que naceu ao redor de 1840. Tiña como obxectivo a recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica.

En 1843 constituíuse a Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero.

Levantamento progresista O levantamento de Miguel Solís en Lugo o 2 de abril de 1846 non tiña un carácter provincialista, pero os líderes do movemento incorporáronllo ao sumarse a el co fin de poñer na práctica o seu ideario. Creouse a Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia, na que chegarán a formar parte da dirección destacados líderes provincialistas como Antolín Faraldo e Pío Rodríguez Terrazo, pero finalmente o levantamento fracasa. Entre as medidas de represalia rematan co fusilamento de doce oficiais, os Mártires de Carral, e co exilio dos dirixentes civís do mesmo.

Diáspora galega Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do século XIX.miniatura|Máis do 20% dos galegos emigraron (taxa bruta de emigración en 1910 en España)|centro Durante estes dous séculos acentuouse o traslado da poboación do interior cara a fachada atlántica. O primeiro grande movemento migratorio, durante a segunda metade do século XIX, foi de carácter definitivo, preferentemente masculino e tiña como destino América do Sur. Durante o primeiro terzo do século XX incorporouse a muller, aumentou o número de emigrantes da Galicia interior e comezáronse a dar máis casos de retornados ("indianos"). Logo da paréntese dos anos 30 e 40 do século, outro éxodo masivo tomou a dirección de América, Europa (Suíza e Alemaña) e España (Cataluña, País Vasco e Madrid).

Rexurdimento Na primeira metade do século XIX, Galicia foi escenario dunha serie de acontecementos que esbozaron unha nova situación político-cultural que preparou o camiño para o chamado Rexurdimento. A invasión francesa deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en galego que promoveron a consciencia dunha Galicia diferenciada.

En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, en que confraternizaron estudantes e traballadores. O galeguismo adquiriu características revolucionarias, como a reivindicación do dereito de Galicia a administrar os seus propios recursos. Participaron persoas que terían grande protagonismo no rexionalismo galego, como Aurelio Aguirre ou  Eduardo Pondal.

Coa publicación en 1853 do primeiro libro escrito en lingua galega no século XIX, A gaita gallega, deuse un paso importante na normalización literaria galega. O seu autor, Xoán Manuel Pintos, xunto con Francisco Añón, Manuel Murguía e outros, pertence ao grupo dos Precursores.

O Rexurdimento cristalizaría coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro en 1863. Outros escritores destacados foron Manuel Curros Enríquez (Aires da miña terra, 1880) e Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos, 1886). No ano 1876 editouse, promovido por Valentín Lamas Carvajal, O Tio Marcos d'a Portela. Este xornal, de marcado carácter anticaciquista, tivo un enorme éxito. Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo galego, coa aparición de novas iniciativas en galego como O Galiciano en Pontevedra, A Monteira en Lugo e As Burgas en Ourense.

Século XX O século XX supón a transformación da cultura tradicional galega, de base agraria, por unha cultura máis urbana. Esta transformación foi variable, dividíndose en dúas etapas principais: a primeira nas décadas de 1910 e 1920 e a segunda dende a década de 1970. Isto supuxo unha gran mutación da estrutura social de Galicia, ademais dos cambios pola urbanización e a desaparición das clases fidalgas, tiveron moita importancia os emigrantes retornados que traguían cartos e novidades culturais e políticas.

A industria hidroeléctrica conseguiu grandes beneficios a partir dos anos 40. Instaláronse industrias como ENCE, Endesa ou a Citroën de Vigo que aproveitan materias primas e man de obra.

Grupo Nós En 1916 Antón Villar Ponte funda as Irmandades da Fala, primeira experiencia dun galeguismo nacionalista e que desembocaría na fundación do Partido Galeguista. Alicerce deste movemento será a Grupo Nós dinamizada por inquedos intelectuais nas máis variadas disciplinas con raíces fundamentalmente nun catolicismo avanzado e maioritariamente republicano.

Agrarismo O agrarismo acadou na década de 1920 un gran poder de mobilización e conseguiu que en 1926 se aprobase unha lei que permitía a redención dos foros, aínda que mediante o pagamento de sumas ás que se aplicou unha parte significativa do aforro dos emigrantes. Foron os anos entre 1918 e 1923 os de maior número de redencións forais, de maneira que o campesiño foreiro vaise convertendo agora en propietario cultivador, racionalizándose a produción agraria e penetrando o capitalismo. Os fidalgos e os recentes adquiridores de rendas coa desamortización perderon as súas rendas, tendo que ver moito con esta conquista o movemento agrarista e as remesas do diñeiro que enviaban os emigrantes. Tamén debemos salientar que neste período se conseguiron melloras técnicas agrícolas.

Segunda República

miniatura|Fundación do Partido Galeguista (7 de decembro de 1931). Coa chegada da Segunda República Española, o galeguismo republicano acada un éxito electoral, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Para ler a Castelao 2. Estudios sobre a obra escrita (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia 2000, px. 60. e obtén 15 escanos a través da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA). Ao redor do chamado Pacto de Lestrobe, pásase a redactar un proxecto de estatuto de autonomía aprobado polo 77% dos concellos de Galicia na chamada Asemblea de Santiago, os días 17 a 19 de decembro de 1932.

A fusión da ORGA pola Izquierda Republicana de Manuel Azaña fai que sexa o Partido Galeguista de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Alexandre Bóveda o que asuma a bandeira do autonomismo galego. Este partido será a partir de entón o promotor do proceso estatutario que será exitosamente plebiscitado o 28 de xuño de 1936.

Estatuto de autonomía

Guerra Civil Española

Franquismo

Galicia no exilio En 1944, por iniciativa do deputado Rodríguez Castelao, fundouse en Montevideo o Consello de Galiza, coa intención de dotar á Galicia dun órgano político e goberno no exilio.

Segunda Guerra Mundial

Xunta de Galicia Coa fin da ditadura e a aprobación da constitución española de 1978, Galicia foi recoñecida como nacionalidade histórica e grazas ao legado do Estatuto de autonomía de 1936 foron aprobados o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 o 16 de marzo de 1978 que designaron á Xunta de Galicia como goberno galego.Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) .

Segundo estatuto de autonomía Antonio Rosón, presidente preautonómico, ao abeiro da Constitución española de 1978 chama ás forzas democráticas galegas para redactaren un proxecto de Estatuto no que participarían UCD, AP, PSOE, PCE e, como únicas forzas nacionalistas, un renacido pero minoritario Partido Galeguista e un emerxente Camilo Nogueira Román á fronte do Partido Obreiro Galego, unha escisión da UPG. Aproban un proxecto avanzado de autogoberno coñecido como o Estatuto dos dezaseis, que é recortado na tramitación nas Cortes. Prodúcense entón mobilizacións nas principais cidades galegas contra este texto, que algúns denominaron Estatuto da aldraxe., Suso de (1991). Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria de esquerda nacionalista. Xerais. p. 239 e 245. ISBN 84-7507-601-7. Isto provoca unha revisión de última hora capitaneada polos sectores autonomistas de UCD, que é aceptada polo PSOE, AP, PCE e PG. O plebiscito estatutario tivo unha escasa participación pero uns resultados de apoio da proposta.

Nas primeiras eleccións autonómicas (1981), AP incorpora notables galeguistas como o cabeza de lista Xerardo Fernández Albor que acada un inesperado triunfo fronte a unha UCD en proceso de descomposición. Póñense as bases do ordenamento autonómico coa Lei da Xunta e o seu Presidente, a Lei de símbolos, a reguladora do Valedor do Pobo, a do Consello da Cultura Galega e a Lei de normalización lingüística, recorrida polo Goberno socialista español por recoller o deber de coñecer o galego. Créanse, así mesmo, a Radio e a Televisión públicas galegas que empregan como idioma preponderante o galego.

Século XXI

Desastre do Prestige

Vaga de incendios forestais

Pandemia de COVID

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Diáspora galega

Categoría:Historia contemporánea de Galicia