O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de (formalmente o XXXI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 3 de agosto de 1969. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1969. Os participantes de F2 non eran elixibles para os puntos no Campionato do Mundo.

Resumo

Gerhard Mitter morreu durante unha sesión de prácticas para a carreira en Schwedenkreuz. Estaba probando o BMW 269 F2. Sospeitábase dun fallo na suspensión ou dirección, o equipo BMW con Hubert Hahne e Dieter Quester retirouse da carreira, do mesmo xeito que o seu compañeiro de equipo en Porsche, Hans Herrmann.

Mario Andretti pilotaba o Lotus 63 4WD con moi poucas voltas de proba. A gran carga de combustible para a carreira fixo que o coche saírase da pista na primeira volta, logo dun salto en Wippermann, provocando un accidente no que tamén sacou da pista a Vic Elford, cuxo coche envorcou e caeu boca abaixo nas árbores. Elford rompeuse o brazo en 3 lugares.

Na carreira, Jacky Ickx tivo unha saída moi mala e caeu ao 9 posto, pero finalmente recuperou posicións en 3 voltas, e el e Jackie Stewart loitaron durante 4 voltas ata que Ickx pasou a Stewart na primeira curva, a Sudkurve. Stewart tivo problemas co cambio, comezou a ir máis lento e aloxáronse, deixando a Ickx nunha posición dominante. Piers Courage tivo un accidente en Breidscheid cando derrapou nun pouco de aceite e estrelouse nunha gabia á beira da ponte Adenauer. Por sorte, resultou ileso.

Esta foi a última carreira de Fórmula Un no circuíto de Nürburgring antes de que fose reconstruído e equipado con gardaraís para a carreira de 1971.

Clasificación miniatura|right|Mario Andretti no Gran Premio de Alemaña de 1969. miniatura|right|Jackie Stewart no Matra MS80 miniatura|right|Bruce McLaren no McLaren M7C miniatura|right|Gerhard Mitter no BMW F269 co que morreou nas probas Nota: A carreira correuse con coches de Fórmula 1 e Fórmula 2 participando xuntos. Os participantes de Fórmula Dúas indícanse cun fondo rosado. Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Jacky Ickx Brabham-Ford 14 1:49:55.4 1 9 2 7 Jackie Stewart Matra-Ford 14 + 57.7 2 6 3 10 Bruce McLaren McLaren-Ford 14 + 3:21.6 8 4 4 1 Graham Hill Lotus-Ford 14 + 3:58.8 9 3 5 26 Henri Pescarolo Matra-Ford 14 +7:11.0 13 6 29 Richard Attwood Brabham-Ford 13 +1 volta 20 7 20 Kurt Ahrens Brabham-Ford 13 +1 volta 19 8 22 Rolf Stommelen Lotus-Ford 13 +1 volta 22 9 31 Peter Westbury Brabham-Ford 13 +1 volta 18 10 30 Xavier Perrot Brabham-Ford 13 +1 volta 24 11 11 Jo Siffert Lotus-Ford 12 Suspensión 4 2 12 8 Jean-Pierre Beltoise Matra-Ford 12 Suspensión 10 1 Ret 9 Denny Hulme McLaren-Ford 11 Transmisión 5 Ret 15 Jackie Oliver BRM-Ford 11 Fuga aceite 16 Ret 2 Jochen Rindt Lotus-Ford 10 Encendido 3 Ret 28 François Cevert Tecno-Ford 9 Coroa da roda 14 Ret 27 Johnny Servoz-Gavin Matra-Ford 6 Motor 12 Ret 16 Jo Bonnier Lotus-Ford 4 Fuga combustible 23 Ret 17 Piers Courage Brabham-Ford 1 Accidente 7 Ret 12 Vic Elford McLaren-Ford 0 Accidente 6 Ret 3 Mario Andretti Lotus-Ford 0 Accidente 15 NTS 14 John Surtees BRM - Non arricou 11 NTS 24 Gerhard Mitter BMW - Accidente mortal na práctica 25 NTS 23 Hubert Hahne BMW - Non arrincou 17 NTS 25 Dieter Quester BMW - Non arrincou 21 NTS 21 Hans Herrmann Lotus-Ford - Non arrincou -

Posicións despois da carreira

Campionato mundial de Pilotos Pos Piloto Puntos 10px 1 Jackie Stewart 51 10px 3 2 Jacky Ickx 22 10px 1 3 Bruce McLaren 21 10px 1 4 Graham Hill 19 10px 1 5 Jo Siffert 15

Clasificación no campionato Mundial de Construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Matra-Ford 51 10px 2 2 Brabham-Ford 28 10px 1 3 Lotus-Ford 28 10px 1 4 McLaren-Ford 24 (26) 10px 5 Ferrari 4

Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados das primeiras 6 roldas e os 4 mellores resultados das últimas 5 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas Notas Pole position: Jacky Ickx - 7:42.1 Volta rápida: Jacky Ickx - 7:43.8 na volta 7 Líderes por volta: Jackie Stewart (1-6) Jacky Ickx (7-14)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1