O SMS Seydlitz foi un cruceiro de batalla da Mariña Imperial alemá construído en Hamburgo. Foi autorizado en 1910 e asignado en maio de 1913, sendo o cuarto cruceiro de batalla construído para a Hochseeflotte. O seu nome débese a Friedrich Wilhelm von Seydlitz, un xeneral prusiano do reinado de Frederico II de Prusia e da Guerra dos Sete Anos.
Seydlitz representou a culminación da primeira xeración de cruceiros de batalla alemáns, que se iniciaron co Von der Tann en 1906, e continuaron con dous barcos da clase Moltke en 1907 e 1908. O Seydlitz contaba con varias melloras con respecto aos modelos anteriores, incluído un redeseñado sistema de propulsión e unha disposición mellorada da blindaxe. O barco tamén era significativamente máis grande que os seus predecesores.
Categoría:Cruceiros de batalla Categoría:Barcos de 1912 Categoría:Buques da primeira guerra mundial