Xaquín Xesteira, nado en Cambados o 29 de agosto de 1971, é un músico galego. A súa especialidade é a gaita e o tamboril. Traxectoria Naceu en Cambados en 1971 nunha familia con tradición musical (o seu avó fundou unha orquestra, e súa nai foi profesora de solfexo e piano de varias xeracións de cambadeses), e comezou a interesarse pola música tradicional galega desde os tres anos. Aos catro anos participou na súa primeira actuación.

Comezou os seus estudos musicais na Sociedade Cultural de Cambados, tocando o tambor. No grupo de música tradicional de Vilariño (Cambados) comezou coa gaita. No Conservatorio Superior de Música de Vigo recibiu os estudos relacionados con este instrumento. Entre outros, tivo como mestres a Nando Casal (Milladoiro) e a Carlos Núñez. É membro dos grupos Os Faíscas de Solobeira, da banda de música de Castrelo e de Treixadura. Ademais, colaborou con Fuxan os Ventos, Na Lúa, ou Milladoiro.

Foi produtor artístico dos traballos discográficos da Agrupación Abertal da Rúa, Pedraquetiña (Toutón, Mondariz) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela). Compoñente e cofundador do grupo Treixadura con quen ten editado 8 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo Os Faíscas de Solobeira.

Presidente da Fundación SonDeSeu, director artístico e coordinador das seccións de contrabaixo, canto, gaita e percusión da orquestra folk SonDeSeu. Dendo xuño de 2015 é director do coro Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, con quen editou o traballo discográfico O corazón aberto (2018).

Gaiteiro no grupo Os Xesteira xunto coa súa familia.

Na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega publicado en dous volumes por Edicións do Cumio (anos 2004 e 2007).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fragmento dunha charla de Xaquín Xesteira, no IES Asorey de Cambados. "Muiñeira de Cambados", creada e interpretada por Xaquín Xesteira.

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1971