Marcus D. Camby, nado o 22 de marzo de 1974 en Hartford, Connecticut, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que cunha altura de 2,11 m xogaba na posicións de pivote ou ala-pivote. Pasou as 17 temporadas da súa carreira na National Basketball Association (NBA), onde xogou para os Toronto Raptors, New York Knicks, Denver Nuggets, Los Angeles Clippers, Portland Trail Blazers e New York Knicks.

Traxectoria Camby foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 1996 polos Toronto Raptors. Na súa tempada coma rookie, foi incluído no Primeiro Equipo de Rookies NBA, tras facer 14.8 puntos, 6.3 rebotes e 2.1 tapóns por partido. Na seguinte tempada, Camby liderou a liga en tapóns con 3.7 por partido.

Foi elixido Xogador Defensivo do Ano da NBA na tempada 2006-07, tras liderar de novo a liga en número de tapóns por partido. Liderou esta estatística tamén en 2006 e en 2008, e foi incluído en catro ocasións no Primeiro Equipo Defensivo da NBA.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Hartford, Connecticut