Daboecia é un pequeno xénero de plantas de flores pertencente á familia Ericaceae, contén só dúas especies de gamallos e está estreitamente ligado co xénero das uces e carrouhas (Erica). Reciben o nome común galego de queirogas (cómpre non confundir co xénero Calluna).
As especies de Daboecia difiren das especies europeas de uces (Erica) por teren unha corola caduca que é substancialmente máis grande cá corola das Erica. As follas son máis grandes en Daboecia, nunca aglutinadas. O nome xenérico desta planta provén do nome do santo irlandés, San Dabeoc, xa que a queiroga maior recibe en inglés o nome de Saint Dabeoc heath.
Especies Daboecia azorica, queiroga dos Azores, no arquipélago dos Azores. Daboecia cantabrica, queiroga maior, Galiza, cordal cantábrico, Irlanda (Galway e sur de Mayo), oeste de Francia, noroeste de Portugal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Oliver, E. G. H. (2000). Systematics of Ericeae. Contributions from the Bolus Herbarium 19. Nelson, E. C. (1984). Dabeoc — a saint and his heather. Yearbook of the Heather Society 1984: 41–46. Nelson, E. C. (2000). A history, mainly nomenclatural, of St Dabeoc's heath. Watsonia 23: 47–58. Ligazóns externas
Categoría:Daboecia