300px|thumb|Ses Salines de Eivisa. O Parque Natural de ses Salines é un espazo natural protexido das Illas Baleares, proclamado por lei do Parlament Balear desde 2001.

O territorio que comprende o parque natural é dunhas 2.838 hectáreas das antigas salinas de Eivisa, en Sant Josep de sa Talaia, e das salinas de Formentera, máis 13.000 hectáreas mariñas de Es Freus, o estreito que separa as dúas illas. Inclúe practicamente unha representación de tódolos ecosistemas que se atopan na illa de Eivisa, especialmente das marismas. Dentro da fauna destaca a ornitolóxica, en concreto os flamengos habitan no parque todo o ano.

Anteriormente á declaración como Parque Natural contaba coas seguintes figuras xurídicas de protección medioambiental: Zona de especial protección para as aves (ZEPA) Reserva natural desde 1995 Área Natural de Especial Interese (ANEI) da Lei de Espazos Naturais do Goberno Balear Zona húmida dentro do convenio RAMSAR Patrimonio da Humanidade da Unesco (desde 1999) Rede Natura 2000 da Unión Europea.

Durante máis de trinta anos houbo polémicas, a nivel cívico e político, entre os intereses turísticos urbanizadores da zona e os de protección medioambiental.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Parque Natural de ses Salines Explicación do parque e historia reivindicativa Visita ao Parque Natural, PDF 49KB O Parque na UNESCO

Ses Salines Categoría:Xeografía de Eivisa Categoría:Xeografía de Formentera