Antonio Bello Varela, nado en 1876, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Dirixiu La Verdad de Pontedeume (1902). Marchou a Cuba desde onde enviou crónicas a El Eco de Santiago. Retornado a Galicia en 1908, colaborou en Vida Gallega. Instalado en Laraño no concello de Conxo en 1910, dirixiu La Tarde, colaborou en La Lucha, foi presidente da Sociedad Agrícola de Aríns e dirixiu El Látigo e El Bólido. Foi elixido concelleiro de Conxo en 1922El Compostelano, 6-2-1922, p. 1-2. Foi secretario do concello de Laza (1925), Beariz (1926), despois pasou a Xeve e durante a República foi secretario do concello de Manzaneda e en 1936 de Dodro.

Vida persoal Casou en primeiras nupcias en Laraño con Dolores Torres Taboada en 1910Diario de Galicia, 7-4-1910, p. 2., e en segundas nupcias en Santiago de Compostela con América Pérez Viondi en 1926El Compostelano, 8-2-1926, p. 3..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1876