Fumaria é un xénero de plantas herbáceas anuais da familia das papaveráceas, subfamilia Fumarioideae, da que son o xénero tipo, mais algúns autores aínda consideran que é unha familia separada: as fumariáceas, xunta Corydalis e outros xéneros menos correntes. A especie máis coñecida é a herba dona, herba fumaria, ou pé de galiña: Fumaria officinalis, moi abondosa en Galiza.
Descrición Son herbas de mediano tamaño, acadando o metro de altura, aínda que polo xeral non superan os 50 cm. O talo é erecto, flexíbel e glabro; as follas son compostas, con folíolos lanceolados de cor verde cinsenta. Florean producindo inflorescencias en forma de espiga, compostos por 6 a 20 floriñas tubulares, bilabiadas, espolonadas, de cor branca a rosácea con pintas púrpuras no extremo. O froito é unha cápsula de pequeno tamaño.
O xénero é nativo das zonas temperadas de Europa e Asia, téndose espallado mundialmente.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 699–701. 1753. A especie tipo é a herba dona: Fumaria officinalis L.
Especies Fumaria agraria Lag. Fumaria barnolae Sennen & Pau Fumaria barnolae subsp. barnolae Sennen & Pau Fumaria bastardii Boreau Fumaria bicolor Nicotra Fumaria bracteosa Pomel Fumaria capreolata L. Fumaria coccinea Lowe ex Pugsley Fumaria densiflora DC. Fumaria faurei (Pugsley) Lidén Fumaria flabellata Gasparr. Fumaria gaillardotii Boiss. Fumaria macrosepala Boiss. Fumaria macrosepala subsp. macrosepala Boiss. Fumaria melillaica Pugsley Fumaria mirabilis Pugsley Fumaria montana Schmidt Fumaria munbyi Boiss. & Reut. Fumaria muralis Sond. ex W.D.J. Koch Fumaria muralis subsp. muralis Sond. ex Koch Fumaria officinalis L. Fumaria officinalis subsp. officinalis Fumaria officinalis subsp. wirtgenii (Koch) Arcangeli. Herba dona ou pé de galiña. Fumaria parviflora Lam. Fumaria petteri Rchb. Fumaria petteri subsp. calcarata (Cadevall) Lidén & A. Soler Fumaria pugsleyana (Maire ex Pugsley) Lidén Fumaria reuteri Boiss. Fumaria rupestris Boiss. & Reut. Fumaria rupestris subsp. rupestris Boiss. & Reut. Fumaria segetalis (Hammar) Cout. Fumaria sepium Boiss. & Reut. Fumaria vaillantii'' Loisel.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Herba dona Ligazóns externas
Categoría:Fumaria