miniatura|240px|Aspecto xeral na floración. miniatura|240px|Froitos (aquenios) chegados. miniatura|240px|Ilustración de A. Masclef, Atlas des plantes de France, 1891 A herba dona, pé de galiña ou simplemente fumaria (Fumaria officinalis), é unha planta herbácea anual da familia Papaveraceae, nativa de Europa, común en Galiza.

Etimoloxía O termo Fumaria deriva do latín fumus (fume) posibelmente e segundo dixo Plinio o Vello, por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella. Os antigos exorcistas, crían que ao queimar esta planta, o seu fume escorrentaría os maos espíritos; existe, ademais, a lenda de que a planta non agromaba das sementes, senón do fume que saía do interior da terra.

En galego recibe os nomes vulgares de: herba fumaria, herba dona, pé de galiña, pirixel de can e herba do fogoTermos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.

Descrición É unha herba glabra, de talo erecto e ben ramificado, bastante difusa que acada os 50 cm de altura. Presenta follas pinnaticompostas, alternas, cos últimos folíolos case lineares. A comezos da primavera forma inflorescencias en acios terminais dunha ducia de flores cigomorfas, de até 9 mm de lonxitude cada un. As flores teñen o cáliz formado por dous sépalos pequenos, de cor abrancazada, ovados, co bordo dentado, máis angostos cá corola; esta está composta por catro pétalos unidos no ápice mais ceibos, dos cales o superior se prolonga nun esporón. O androceo é diadelfo, ou sexa con 6 estames fusionados polos seus filamentos en dous grupos, que semellan cada un deles dividido en 3 anteras. O xineceo amosa dous carpelos, co ovario súpero. O froito é un pequeno aquenio globoso estriado/engurrado, máis ou menos truncado.

Distribución e hábitat Orixinaria de Europa; Linné, na súa diagnose orixinal, indica: «Habitat in Europae agris, cultis». Cosmopolita; introducida en América do Norte. Medra en leiras, terreos cultivados ou chairas de solo medianamente seco.

Usos A infusión lixeira utilízase coma hepatorregulador, diurético e laxante, e topicamente, para as afeccións do coiro cabeludo. Cómpre evitar a sobredose, pois os alcaloides que contén resultan cardiotóxicos en doses elevadas.

Na súa composición química atópanse, entre outros : uns 20 alcaloides (0,15-0,3 p.p.m.), protoberberinas, indobenzodiacepinas, protopina (un composto do opio, que actúa de xeito semellante á papaverina) uns 0,13%, combinado co ácido fumárico en forma de fumarato de protopina, criptonino, flavonoides, ácido fenólico, ácido fumárico.

Taxonomía Fumaria officinalis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 700. 1753. Citoloxía Número de cromosomas de Fumaria officinalis (Fam. Papaveraceae) e táxones infraespecíficos: 2n=28Números cromosómicos para la flora española, 245-256. Soler, A. (1981) Lagascalia 10(2): 253-256 2n=c.32A morphological study of the Fumariaceae and the taxonomic significance of the characters examined. Ryberg, M. (1960) Acta Horti Berg. 19: 121-248 Etimoloxía Fumaria: nome xenérico do latín fumus = "fume", posibelmente pola cor ou polo cheiro das raíces frescas.en Nombres Botánicos

officinalis: epíteto latino que significa "usado coma planta medicinal".en Epítetos Botánicos Sinonimia Fumaria prehensilis Kit. Sinónimos en Tela Botánicaen The Plant List p.p. Fumaria angustifolia Gilib. Fumaria boissieri Hausskn. Fumaria caroliana Pugsley Fumaria cilicica Hausskn. Fumaria cirrhata Rohde ex DC. Fumaria diffusa Arn. ex Parl. Fumaria disjuncta Jord. ex Nyman Fumaria gasparinii Bab. Fumaria major V.Ten. Fumaria media Loisel. Fumaria media Rchb. Fumaria muraliformis Clavaud Fumaria muralis Gren. & Godr. Fumaria officinalis var. elegans Pugsley Fumaria officinalis L. subsp. officinalis Fumaria officinarum Neck. Fumaria petteri V.Ten. Fumaria pulchella Salisb. Fumaria sturmii Opiz Fumaria tenuiflora Fr. Fumaria wirtgenii W.D.J.Koch

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dr. Berdonces i Serra; Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales. Susaeta Ediciones. ISBN 84-305-8496-X.

Ligazóns externas

Xénero Fumaria en Flora Ibérica (M. Liden) Fumaria officinalis en USDA Plants Profile Fumaria officinalis en GRIN Fumaria officinalis in Euro+Med PlantBase Fumaria officinalis en Floravascular Fumaria officinalis en Tela- Botanica

Categoría:Fumaria Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753