Polaviella é unha parroquia que se localiza no oriente do concello de Navia, en Asturias. Cobre unha superficie de 9,58 km² e no ano 2004 contaba con 246 habitantes. Lingua

A situación lingüística da parroquia é complexa, na súa maior parte é de fala de transición, con características da lingua galega e da asturiana, o que fai que sexa complexo atribuíla a unha ou a outra lingua, malia iso autores como Xoán Babarro inclúen a fala dentro das fronteiras da lingua galega. O oeste da parroquia é claramente de lingua galega e o sur de lingua asturiana. Lugares

Parroquias de Navia

Categoría:Parroquias de Navia