miniatura|Galileo Galilei. Un astrónomo é un científico cuxa área de investigación é a astronomía.

Considérase o comezo da astronomía na antiga Babilonia polos seus sacerdotes. Estudos recentes dos gravados babilonios mostraron o coñecemento extremadamente preciso que posuían do seu ceo nocturno. Seguindo aos babilonios, os exipcios tamén facían especial fincapé na observación do ceo.

A combinación das interpretacións relixiosas do ceo, como lendas e mitos, conducen a unha dualidade que hoxe nós identificamos como astroloxía. É importante ter en conta que antes de 1750 aproximadamente non se facía distinción entre astronomía e astroloxía.

A diferenza da maioría de científicos, os astrónomos non poden manipular directamente os obxectos que estudan, e deben facer uso de detalladas observacións para os seus descubrimentos. Xeralmente, os astrónomos usan telescopios e outros instrumentos ópticos para as súas observacións.

Astrónomos famosos

AstrónomoContribuciónHiparco e TolomeoDeterminaron a posición dunhas 1000 estrelas brillantes, intentaron explicar misterios astronómicos sen renunciar ao modelo xeocéntrico do Universo comunmente establecido na súa época, e clasificaron as estrelas pola súa magnitude.Aristarco de SamosPrimeira persoa que propuxo o modelo heliocéntrico do Universo.Nicolás CopérnicoApoiou o modelo heliocéntrico.Galileo GalileiFoi o primeiro astrónomo que usou o telescopio para observar o ceo. A Inquisición condenouno a arresto domiciliario polos seus descubrimentos, o cal foi levantado 359 anos despois polo Papa Xoán Paulo II.Johannes KeplerSuxeriu a órbita elíptica dos planetas, e propuxo leis sobre o seu movemento actualmente coñecidas como Leis de Kepler.Isaac NewtonPublicou Philosophiae naturalis principia mathematica, tamén chamado os Principia, en (1687), contendo As leis de Newton do movemento, as cales son fundamentais para a mecánica celeste e explican as Leis de Kepler. predixo as órbitas dos planetas.Subrahmanyan ChandrasekharTraballou nos mecanismos interiores das estrelas. É particularmente coñecido por determinar o efecto da relatividade especial nas estrelas, incluíndo o primeiro cálculo do límite de Chandrasekhar, sen calculadora, durante unha viaxe en barco.Henrietta Swan LeavittCatalogou estrelas variables Cefeidas nas Nubes de Magallanes. En 1912 descubriu a relación entre luminosidade e periodicidade das Cefeidas - determinante para o posterior traballo de Hertzprung.Ejnar HertzprungDeterminou a distancia a varias Cefeidas, cando as estrelas eran detectadas noutras galaxias como Andrómeda, a distancia a esas galaxias quedaba determinada.Edwin HubbleDescubriu a expansión do universo. O telescopio espacial Hubble leva o seu nome no seu honor.

Categoría:Astrónomos