Luís Serxio Pazos Huete, coñecido simplemente por Serxio Pazos, nado en Sandiás o 4 de abril de 1965, é un actor, presentador e reporteiro galego.
Traxectoria Fillo de Alfonso Pazos Bande. Comezou nos anos 80 coas compañías teatrais Caritel e CDG. É un actor moi coñecido en Galicia que acadou sona polo seu papel como Paspallás en Pratos combinados e tamén en España, debido en gran parte a cando traballou coma reporteiro de CQC para Telecinco.
En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas actrices galegas María Pujalte, María Bouzas e Berta Ojea.
Traballos En Galicia 2005, O don da dúbida. 200_, As leis de Celavella (1 episodio). 2002, O lapis do carpinteiro. 2002, As loiras prefírenos cabaleiros. 200_, Pequeno Hotel (1 episodio). 2001, Galactea (a conquista da Vía Láctea), de Cora Peña. 1997, A Esmorga. (Televisión) 1995-2005, Pratos combinados, como Paspallás. (TVG) 1994, A Fiestra valdeira. 1992, Un soño de verán. (Televisión) 1988, A toda máquina (TVG) 1988, A tumba aberta. (TVG) 1987, O campo de atrás.
Fóra de Galicia Cine 2005, Hot Milk, de Ricardo Boffil. 2004, ¡Hay motivo!, de Álvaro del Amo e Vicente Aranda. 2002, Lisístrata. 2002, Binomio. Los siameses españoles, de Miguel Ángel Escudero. 2001, Tuno negro, de Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín. 1999, Muertos de risa, de Álex de la Iglesia. 1997, Airbag. 1995, La ley de la frontera, de Adolfo Aristarain. 1990, Ni se te ocurra..., de Luis María Delgado.
Televisión 2006, Channel nº4. (Cuatro) 2001, Periodistas. (T5) 1996-2002, Caiga quien caiga. 1995, Todos los hombre sois iguales. (T5) 1994, Los ladrones van a la oficina. (A3) 1993, Farmacia de guardia. (A3) 2009-2010, Cuéntame cómo pasó. (La 1). Como Pepe. 2015, El partido. Como presentador. 2018, Serramoura. (TVG) 2020, Auga seca''. (TVG - RTP). Como o inspector Viñas.
Premios outorgados 2019 - Galardón Talamanca de CineO Festival Talamanca de Cinema 2019 tivo lugar os días 1 e 2 de xuño.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Consello da Cultura Galega
Categoría:Actores de Sandiás Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Sandiás Categoría:Premios María Casares Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en 1965