A arquieparquía de Istanbul, tamén chamada arquidiocese de Constantinopla, é unha eparquía que atende aos católicos de rito armenio en Turquía. Foi orixinialmente creada en 1830, e posteriormente unida ao Patriarcado de Cilicia en 1866. En 1928, cando a sé patriarcal foi movida a Beirut, a actual arquieparquía foi restablecida, o 15 de outubro de 1928. O arcebispo actual é Boghos Levon Zekiyan. En 2008 había arredor de 3.650 católicos de rito armenio pertencentes á diocese.

Territorio A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios de Turquía. A comunidade católica armenia se concentra especialmente en Istanbul, onde viven arredor de 3.000 fieis, herdeiros dunha colonia moito máis numerosa no pasado. Outros grupos máis pequenos existen en Ankara e Mardin. Episcopoloxio En 1830 foi erixida a arquieparquía de Constantinopla. Até a unión coa sé patriarcal, os arcebispos foron os seguintes: Anton Nowrichean (1830 - 1838) Poghos Marowshean (1838 - 1846) Anton Hasownean (1846 - 1866)

En 1866 a sé foi unida ao Patriarcado de Cilicia, dende entón os patriarcas foron os seguintes: Antón Pedro IX Hasownean (1866 - xuño de 1881) Estevo Pedro X Azarean (4 de agosto de 1881 - 1 de maio de 1899) Paulo Pedro XI Emmanowelean (14 de decembro de 1899 - 18 de abril de 1904) Paulo Pedro XII Sappaghean (14 de novembro de 1904 - 1910) Paulo Pedro XIII Terzean (23 de abril de 1910 - 1928, seguiu a ser patriarca até 1931)

En 1928, o patriarcado foi trasladado a Beirut, e a sé foi restablecida: Hovsep Rokossian (1 de xullo de 1928 - 8 de xuño de 1931, finado) Vahan Kitchourian (8 de xuño de 1931 - 28 de marzo de 1936, finado) Paul Kiredjian (28 de marzo de 1936 - 20 de abril de 1965, finado) Hovhannes Tcholakian (16 de xaneiro de 1967 - 21 de marzo de 2015, retirado) Boghos Levon Zekiyan (21 de marzo de 2015 - 21 de outubro de 2024, retirado)

Notas

Istanbul Istanbul