San Ciprao (San Ciprián en castelán e oficialmente) é unha aldea pertencente ao concello zamorano de Hermisende, na bisbarra das Portelas, unha subcomarca de Seabra, Castela e León. É unha poboación de lingua galega, ao igual có resto do concello de Hermisende. Coma Hermisende e A Teixeira, pertenceu a Portugal ata 1640, cando se restaurou a independencia portuguesa.
Localización Dende Hermisende e en dirección a Castromil, en apenas 2 km, tras ascender unha pendente atópase San Ciprián.San Ciprián
Patrimonio Da súa igrexa parroquial chama a atención o seu pórtico. Baixo a espadana encóntrase a porta en arco, con orelleiras e enmarcadas por pilastras. No interior, un retablo maior neoclásico de columnas corintias, xaspeadas en verde e azul. Nunha fornela encóntrase a figura de Cibrán de Cartago.Hermisende
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Fotos de San Ciprián
Categoría:Hermisende