Ao límite (en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Martin Campbell que se estreou no 2010. Baséase na serie de televisión da British Broadcasting Corporation Edge of Darkness. É o primeiro filme no que sae Mel Gibson dende Signs (2002). Estreouse en galego na Televisión de Galicia o 16 de agosto de 2013.
Sinopse Thomas Craven (Mel Gibson) é un veterano investigador do departamento de policía de Boston cuxa filla de 24 anos, Emma (Bojana Novakovic), é asasinada. Ela era unha activista política que aparentemente tiña unha vida secreta. Trala tráxica perda, Thomas decide implicarse na investigación e descobre o sistema corrupto que acabou coa vida da persoa que máis quería.
Personaxes Mel Gibson como Thomas "Tom" Craven Ray Winstone como Darius Jedburgh Danny Huston como John "Jack" Bennett Bojana Novakovic como Emma Charlotte Craven Gabrielle Popa como Emma de nena Shawn Roberts como David Burnham Jay O. Sanders como Bill Whitehouse Caterina Scorsone como Melissa Gbenga Akinnagbe como Darcy Jones
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Martin Campbell Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Icon Productions Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego