A cardiomegalia é un termo empregado en medicina para describir o agrandamento anormal do corazón ou hipertrofia cardíaca. Trátase dun signo que adoita aparecer en persoas con insuficiencia cardíaca crónica, ademais doutros tipos de miocardiopatías.Cardiomegaly (cardiomegalia) en National Library of Medicine - Medical Subject Headings (en inglés).

Pode ser unha manifestación da doenza de Wernicke.

Clasificación A cardiomegalia pode afectar a un ou ambos ventrículos ou aurículas. Habitualmente clasifícase do seguinte xeito: Cardiomegalia por dilatación, que deriva dun dano que debilita o músculo cardíaco, como un ataque ao corazón.Enlarged Heart en American Heart Association (en inglés). Cardiomegalia por hipertrofia: o máis habitual é que a hipertrofia sexa do corazón esquerdo, ou en casos máis graves, de todo o corazón. Porén, existen determinadas doenzas nas que existe unha hipertrofia illada dalgunha das cámaras cardíacas: Hipertrofia auricular, ben sexa esquerda ou dereita. Hipertrofia ventricular:Cardiomegalia en Medciclopedia: Dicionario ilustrado de termos médicos. Hipertrofia ventricular esquerda, que pode derivar de hipertensión arterial de longo tempo de evolución. Hipertrofia ventricular dereita, que pode producirse por hipertensión pulmonar, ou en casos de hipertrofia ventricular esquerda de anos de evolución.

Sintomatoloxía A cardiomegalia implica, pola súa definición, que a mecánica de latexo do corazón estea alterada, isto é, o corazón terá problemas para bombear o sangue ao resto do corpo. Isto acrecéntase en situacións de esforzo físico. Así, os principais síntomas indicativos de cardiomegalia son: Astenia ou cansazo. Mareos. Tose improdutiva. Dificultade para respirar, a respiración é acelerada e con sensación de falta de folgos. Trastornos do ritmo cardíaco, como arritmias, aumento do ritmo cardíaco taquicardia ou palpitacións. Edema, sobre todo nos pés e nocellos.

Diagnóstico En moitas ocasións unha simple exploración física dos signos e síntomas abonda para diagnosticar ou sospeitar cardiomegalia. As flutuacións do pulso, a tose e sobre todo a dificultade respiratoria orientan o diagnóstico de cardiomegalia.

O xeito máis doado de observar a cardiomegalia é mediante unha radiografía simple do tórax. A definición radiolóxica de cardiomegalia é unha silueta cardíaca (corazón) que ocupa máis da metade do espazo que o que ocupan a suma dos dous pulmóns.

O electrocardiograma é útil para determinar se hai trastornos do ritmo cardíaco típicos da cardiomegalia, como a taquicardia ou outras arritmias. Tamén pode facilitar o diagnóstico da doenza subxacente, isto é, da patoloxía de base que está a causar o agrandamento do tamaño do corazón, como pode ser a insuficiencia cardíaca ou as cardiomiopatías.

Outras probas de utilidade son a TAC, o ecocardiograma, o cateterismo cardíaco ou a proba de esforzo.

Tratamento O tratamento da cardiomegalia ha de enfocarse a tratar a causa que a provoca. Así, se se determina que a cardiomegalia está a ser causada por unha insuficiencia cardíaca, o tratamento ha de ser o específico para esta doenza, isto é, diuréticos, IECAs, digoxina etc. A cirurxía é en ocasións unha solución válida.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Insuficiencia cardíaca Megalia Cardiomiopatía

Ligazóns externas youtube.com Vídeo explicativo da cardiomegalia.

Categoría:Doenzas cardíacas