Ángel Ansareo Grandas, nado en Penouta (Baralla) en 1912 e finado en Cidade de México o 17 de febreiro de 1985, foi un practicante e político galego.

Traxectoria Practicante no Hospital da Facultade de San Carlos de Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na toma do Cuartel da Montaña e combateu nas frontes de Guadarrama, Teruel e Cataluña. Fuxiu a Francia ao rematar a guerra. Permaneceu en Francia 10 meses, ata que foi entregado a Franco e encarcerado en Reus. Escapou, pero foi detido o 5 de maio de 1940 e ingresou na Prisión de Lugo. O 7 de xuño foi trasladado á prisión de Madrid.Expediente procesual de Ángel Ansareo Grandas 1940 Condenado a morte en Madrid, foi indultado en 1943.

Inmediatamente volveu a unirse á guerrilla e presidiu o congreso celebrado en Cobas (A Coruña). Co nome de guerra de A. Ribas organizou varios grupos guerrilleiros e mantivo enfrontamentos armados con falanxistas e gardas civís. Ante a persecución á que se viu sometido en Baralla, refuxiouse a primeiros de maio de 1946 en Larín (Láncara) onda Hilario López Díaz, que o trasladou á casa da súa filla en Céltigos (Sarria), onde permaneceu oito días, ata que David López Arias o levou con el para Verín coa falsa identidade de Camilo Rodríguez López. Cruzou a fronteira de Portugal, e chegou a Lisboa en agosto de 1946. Foi procesado con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" e José Vázquez Otero na causa 177/46 pola morte do párroco de Meixente (Sarria) Pedro Páramo Arias o 2 de setembro de 1946.El Progreso, 9-11-1946, p. 2. Obtivo un visado de asilado político e marchou a México arrivando ao porto de Veracruz o 28 de decembro de 1946. Foi declarado en rebeldía o 15 de abril de 1947. Morreu en México en 1985.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente procesual de Ángel Ansareo Grandas

Los fugitivos de Franco Ficha en represión franquista en Lugo Covas, Recesende… 1946

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1985