San Cibrán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 122 habitantes (68 mulleres e 54 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 150 habitantes.
Historia Existen poucos vestixios do Neolítico na parroquia. Atópase un grupo de dúas mámoas chamadas as de Tarroeira. Ambalas dúas están nun aparente bo estado de conservación. Da Idade de Ferro hai un asentamento fortificado denominado o Cotón dos Castros, cun pequeno parapeto moi esmorecido polas labores agrícolas. Unha gran parte da croa encóntrase dentro do concello de Negreira.
Esta parroquia é un anexo de San Mamede de Monte, pero non foi así sempre. No ano 1334 ten relación cos señores Soga Mariño de Lobeira, dado que dona Leonor González, viúva de Ruy Soga, deixa no testamento unha cantidade para a restauración da igrexa. Esta familia entronca cos Mariño e os Lobeira que son os señores do Pazo de Cotón e outros de Barcala. No ano 1607 pertencía ao Arcediagado de Trastámara. No 1640, un visitador en nome do cardeal Marcelo Spínola, observando o estado ruinoso da igrexa, manda que se fagan as obras necesarias baixo ameaza de excomuñón. En 1778 é motivo de disputa a pertenza desta parroquia; entre o mosteiro de San Martíño Pinario, á que pertencía Monte, e o arcediagado de Trastámara. No 1791 foi necesario realizar unha nova igrexa e o visitador mandou que os veciños se servisen da igrexa de Covas. Isto provocou unha protesta entre a veciñanza de Covas na que non deixan a súa igrexa nin os seus fondos para os de San Cibrán. Na actualidade a misa dominical repártese unha semana nunha parroquia e outra semana na outra.
A finais do século XVIII complétase a nova igrexa, de estilo neoclásico, pero coa renovación pérdense os vellos retablos e moitas imaxes como a de San Brais e San Bartolomeu, aínda que as maiores perdas están nos obxectos de orfebrería.
O campanario da igrexa está separado desta, na parte alta da carballeira que rodea o templo.
Arquitectura popular
Muíños En San Cibrán non hai. O muíño da Fontenla, na parroquia de Covas, figura a nome duns veciños de San Cibrán.
Pombais Pombal en San Cibrán
Festas 2º domingo de xuño: Santa Lucía 14 de setembro: San Cibrán 15 de setembro: O Pilar
Lugares e parroquias Lugares de San Cibrán de Barcala
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña
Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán