Santa María de Ordoeste é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 250 habitantes (134 mulleres e 116 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes.

Historia En Paraxó consérvase a mámoa de Monte Agudo. O castro de Guimaráns aproveita como localización o lugar máis alto que separa as parroquias de Ordoeste (A Baña) e San Mamede de Pena (Negreira), a unha altitude de 328 m no monte chamado Alto dos Castros. Presenta unha coroa tendente a circular de aproximadamente 150 metros de diámetro que está delimitada por un parapeto. O estado de conservación é aceptable.

No apartado de construcións civís existiron as Torres de Braña e Reiverde, a día de hoxe desaparecidas.

Esta parroquia estivo sometido a varios cambios ao longo da historia. No 1123 o arcebispo Xelmírez cambia pola herdade Oíns (Arzúa) coa raíña Urraca. No 1868 Ordoeste queda sen os anexos de San Vicenzo e San Salvador, quedando con San Xoán de Barcala. Este cambio foi obra do arcebispo García Cuesta.

Ao longo do século XIX sufriu duras contribucións e impostos. En 1809 por orde do Goberno requisan gando vacún para lle subministrar ao exército. Tamén lle afectou a desamortización.

No ano 1864 as aldeas de Casa de Antelo e Eiroa solicitaron pertencer a Ordoeste, pero non o conseguiron.

Igrexa A igrexa parroquial foi construída en diferentes etapas, polo que ten variedade de estilos arquitectónicos, destacando o barroco.

Arquitectura popular

Muíños Muíño do Río Verde, moía a metade do ano, con auga dese río. Riente Rial, de Benito de Villar, moía a metade do ano coas augas do río de Broño (Rego de Rial). Riente Rial, de Andrés Antelo e consortes, ídem.

Festas 2º sábado de maio: As Dores 2º domingo de maio: Santo Antonio 15 de agosto: Santa María 16 de agosto: O Sacramento 1º domingo de setembro: O Carme

Lugares e parroquias Lugares de Ordoeste

Parroquias da Baña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña

Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María