San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.

Historia

Idade Media Da época medieval existe un conxunto de doce cazoletas de pequeno tamaño realizadas sobre a superficie horizontal dun afloramento granítico de grandes dimensións. Este conxunto chámase Petróglifo do Monte da Calexa, situado en Alde.

Cultura

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico relixioso

Igrexa parroquial. Situada en San Pedro de Fiopáns, é de estilo barroco. Nela consta documentación do 1777, aínda que se supón que a súa construción se remonta a varios anos antes. Destaca a presenza de varios escudos de armas, seis dentro da igrexa, e un no hórreo próximo á casa reitoral.

Patrimonio etnolóxico

Muíños Todos están situados no regueiro chamado da Calexa (río Portalaxe) de Baixo da Calexa, moía catro meses no ano. de Rebordáns da Calexa, ídem. do Crego, ídem. dos Batáns, ídem. dos Herdeiros, ídem. da Baña, moía dous meses no ano.

Pombais

Pombal do cura.

Etnografía

Festas

2 de febreiro: As Candeas 29 de xuño: San Pedro 30 de xuño: Santo Antón Último domingo de agosto: San Roque 8 de outubro: A Inmaculada

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Fiopáns

Parroquias da Baña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña

Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro