San Salvador de Bergondo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.459 habitantes (748 mulleres e 711 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.
Cultura Topónimo Bergondo podería ser, para algúns autores, un topónimo cunha raíz celta "berg" ou "ver" e que se referirían a un alto (no caso de berg) ou a unha pena (no caso de ver). Para outros autores sería un antropónimo latino e ligado á cristiandade que xorde de "Verecundus". O topónimo data de entre o século VII e X.
Patrimonio A igrexa parroquial de Bergondo formaba parte do Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
Na parroquia sitúase o Pazo de Mariñán.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bergondo
Parroquias de Bergondo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bergondo
Categoría:Parroquias de Bergondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía