Neno rico (en , estilizado como Ri¢hie Ri¢h) é un filme estadounidense dirixido por Donald Petrie que foi esterado en 1994. Foi o derradeiro filme de Macaulay Culkin como actor infantil.
Sinopse Richie Rich é o neno máis rico do mundo; ten o seu propio parque de atraccións, un Burguer na súa casa e a súa profesora de ximnasia é Claudia Schiffer. Richie ten ademais o amor dos seus pais. Malia todo non é feliz, xa que bota de menos xogar ó béisbol na rúa cos outros rapaces do barrio. Cando os seus pais desaparecen no Triángulo das Bermudas, o cativo sospeita que detrás da desaparición está Laurence Van Dogh, un executivo de Industrias Richie que pretende facerse coa compañía asasinando ós seus pais.
Personaxes Macaulay Culkin como Richard "Richie" Rich, Jr. John Larroquette como Laurence Van Dough Jonathan Hyde como Herbert Arthur Runcible Cadbury Edward Herrmann como Richard Rich, Sr. Christine Ebersole como Regina Rich Mike McShane como Profesor Keenbean Chelcie Ross como Ferguson Reggie Jackson como Adestrador de béisbol Mariangela Pino como Diane Pazinski Stephi Lineburg como Gloria Pazinski Joel Robinson como Omar Jonathan Hilario como Pee Wee Rory Culkin como Young Richie Ben Stein como Profesor de economía Claudia Schiffer como Claudia
Galardóns e nomeamentos 1994: Nomeado ós Premios Razzie: Peor actor (Macaulay Culkin).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Donald Petrie Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Silver Pictures Categoría:Filmes de Davis Entertainment Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego