Thomas George Hooper, nado en Londres o 1 de outubro de 1972 é un director de cinema e de televisión británico.
Traxectoria Decidiu dedicarse á dirección tras ler un libro sobre o tema aos doce anos, comezando a gravar películas caseiras. A súa curtametraxe Bomber Jacket, que fixo aos catorce anos, foi finalista dun premio de novos talentos da BBC. Escribiu o seu primeiro guión aos dezaseis anos, e pasou os dous seguintes buscando financiamento.
Tras graduarse na Universidade de Oxford decidiu dirixir anuncios como forma para entrar na industria audiovisual, como fixeron Ridley Scott ou Tony Scott. De aí pasou a dirixir capítulos de moitas series da BBC.
O seu primeiro filme foi o drama Red Dust en 2004. Tralo debut, seguiu traballando na televisión, facendo miniseries como Elizabeth I, con Helen Mirren, que levou a Tom Hanks a propoñelo como director de John Adams. O éxito desta serie fixo que aumentasen as ofertas para dirixir filmes, pero Hooper rexeitounas.
O seu seguinte filme foi The Damned United, sobre o adestrador de fútbol Brian Clough, que foi finalmente estreado en 2009, o mesmo ano que comezou The King’s Speech, coa que gañou o oscar ao mellor director entre outros premios.
En 2012 levou ao cinema o musical Les Misérables.
Obra 2001 - Love in a Cold Climate (serie) 2002 - Daniel Deronda (serie) 2003 - Prime Suspect 6: The Last Witness (serie) 2004 - Red Dust 2005 - Elizabeth I (serie) 2006 - Longford (telefilme) 2008 - John Adams (serie) 2009 - The Damned United 2010 - The King's Speech 2012 - Les Misérables 2015 - The Danish Girl
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1972 Categoría:Óscar ó mellor director