Francisco Otero Goday, nado no Grove en 1876 e finado no mesmo concello en novembro de 1957,"Fallecimiento de D. Francisco Otero Goday" en La Noche, 11-11-1957, p. 4. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Otero Moraña e irmán de Jacobo Otero Goday. Foi administrador da revista Santiago.Santiago, 21-7-1902, p. 1. Foi nomeado xuíz municipal do Grove en 1905.La Correspondencia Gallega, 20-6-1905, p. 2. Foi nomeado alcalde do Grove en 1909. Volveu ser nomeado xuíx municipal do Grove a finais dese ano,Diario de Pontevedra, 9-11-1909, p. 1. e volveu ser nomeado xuíz a finais de 1913.Diario de Pontevedra, 1-11-1913, p. 2. Gran animador das comparsas. En 1927 foi detido xunto con Antonio García Álvarez acusados de falta de respecto e consideración ao alcalde.El Correo de Galicia, 14-8-1927, p. 10. Foi secretario do Xulgado, alcalde do Grove (1930-1931) e xuíz municipal durante a Segunda República. Foi destituído como xuíz en outubro de 1936 e inhabilitado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1876 Categoría:Nados no Grove Categoría:Finados en 1957