Alfonso Parada Ulloa, nado en Melide en 1936 e finado en Gasteiz o 9 de maio de 1998, foi un garda civil galego asasinado por persoas vinculadas a ETA.

Traxectoria Ingresou na Garda Civil e en 1976 foi trasladado ao País Vasco. Alí participou nun tiroteo con membros de ETA e pasou a formar parte das listas de ameazados por ETA. Nos últimos anos da súa carreira foi destinado á unidade de intervención de armas da Garda Civil en Gasteiz. O 8 de maio de 1998, ao volver de comprar o pan foi asaltado por un grupo de persoas que lle dispararon nas tempas. Faleceu no hospital ao día seguinte.

A seguir do seu asasinato convocouse unha manifestación en Vitoria. Semanas despois asinábase o Pacto de Lizarra e convocábase unha tregua por parte de ETA, a de 1998. Tres persoas foron detidas meses máis tarde por este asasinato e condenadas a 29 anos de cárcere cada un.

Hai unha praza en Gasteiz que leva o seu nome.

Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Gardas civís Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes